Caicos do Oeste
| Caicos do Oeste | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Yankee Town (histórica) |
| País | Reino Unido |
| Localización | Océano Atlántico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitada |
| Superficie | 28 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 21°40′00″N 72°27′30″W / 21.6666667°N 72.45833°WCoordenadas: 21°40′00″N 72°27′30″W / 21.6666667°N 72.45833°W |
| Maior Altura | 10 m. |
| Localización | |
Caicos do Oeste (tamén coñecido en inglés como West Caicos) é unha illa das Illas Turcas e Caicos. Caicos do Oeste, ten un área de 28 km², e estivo deshabitada durante máis dun século. A illa é o fogar do Lago Catalina de 2 Km², unha reserva natural protexida, chea de flamencos, baleas xorobadas, manta raias, tartarugas mariñas e outras especies silvestres autóctonas.
Na década de 1890, Caicos do Oeste tivo plantacións de sisal, que foron un dos principais cultivos das illas Turks e Caicos. Sobre a illa están as ruínas de Yankee Town (Cidade do Yankee), que foi o centro da industria da illa. Aínda existen alí restos dun ferrocarril.
Polo menos realizáronse dous intentos para adquirir a totalidade da illa. A primeira foi feita polo ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo, a súa intención era utilizala como un agocho. Con todo, foi asasinado antes de que a compra se realizára. En 1972, unha empresa petroleira tratou de adquirir a illa para construír unha refinería, e construíu unha pista de aterraxe. O acordo finalmente non se fixo, e a pista de aterraxe existe ata o día de hoxe.
Un novo esforzo parece estar en curso para construír na illa un resort, que sería establecido como o «West Caicos Reserve». Este esforzo é, aparentemente dirixido para persoas de alto patrimonio. Se previa a apertura desta comunidade a mediados de 2008. Con todo, debido á caída de Lehmann Brothers (que eran os que financiaban o proxecto), todos os traballos de construción detivéronse en setembro de 2008.
A cova mariña de Caicos do Oeste cae a máis de 7000 pés. Diferentes criaturas do mar viven nesas profundidades, desde os raios de aguia ata as baleas xorobadas.