Caicos do Leste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caicos do Leste
Vista da illa
Datos
Capital Jacksonville (histórica)
País Reino Unido
Localización Océano Atlántico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 90 km²
Densidade
Coordenadas 21°42′09″N 71°29′53″W / 21.70250°N 71.49806°W / 21.70250; -71.49806
Maior Altura 48 m. Flamingo Hill
Localización
Localización  da illa

A illa Caicos do Leste (East Caicos) é a cuarta maior no territorio británico dependente de Illas Turcas e Caicos. Pertence ao arquipélago das Illas Caicos. Cara ao oeste está separada da illa Caicos Central (Middle Caicos) polo Estreito de Lorimer (Lorimer Creek), un paso angosto que só pode ser atravesado con pequenas naves. Cara ao sur atópase Caicos do Sur (South Caicos). En 1947 Pieter Verhoog sostivo que Caicos do Leste era Guanahani, a primeira illa á que arribou Cristovo Colón ao chegar a América o 12 de outubro de 1492.

Caicos do Leste ten 90´6 km² con marea alta e 182´0 km² con marea baixa. A illa ten un outeiro, Flamingo Hill, de 48 metros de altura, o punto máis alto de todas as illas que integran Illas Turcas e Caicos.

A illa permaneceu deshabitada desde comezos do século XX, cando gran parte da mesma era unha plantación de sisal. As ruínas da mesma aínda poden verse na zona norte. Caicos do Leste pertence ao distrito de Caicos de Sur e do Leste (South Caicos and East Caicos).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]