Cabo Prioriño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°27′57″N 8°20′07″O / 43.465833333333, -8.3352777777778 O cabo Prioriño é un accidente xeográfico na entrada da ría de Ferrol, na parroquia de Doniños. Nel está situado o faro de cabo Prioriño.

Divídese en dúas puntas: o cabo Prioriño Grande, orientado cara ao oeste, e o cabo Prioriño Chico, cara ao sur, xunto ao porto exterior. A altura máis elevada supera os 70 msnm. Hai un museo cunha exposición permanente sobre reliquias da contorna, así como ruínas militares da batería de Punta Viñas, o século XIX.