Odisea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "A Odisea")
Odiseus e Euriclea, por Christian Gottlob Heyne
Inicio da Odisea escrita no dialecto grego xónico

A Odisea é un poema épico atribuído ao grego Homero. Crese que foi escrito no século IX a.C. nos asentamentos que Grecia tiña na costa oeste de Asia Menor (actual Turquía asiática).

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Narra as aventuras do heroe grego da guerra de Troia Odiseo (Ulises en latín). Comeza coa descrición da casa de Odiseo na illa de Ítaca, de Penélope a súa esposa, e dos pretendentes á súa man, por creren que o heroe xa estaba morto.

Despois vai narrando as peripecias e perigos aos que Odiseo se enfronta na súa viaxe para a súa cidade, até que finalmente describe a chegada á casa e o encontro co seu fillo e a súa esposa, Penélope.

A repercusión da Odisea na cultura occidental pódese ver nas numerosas adaptacións e versións que o seu argumento tivo en prosa, verso, teatro, cine, televisión e historieta. Ademais, legou ao idioma galego os termos odisea e mentor (e termos similares noutros idiomas occidentais). A novela Ulises, do irlandés James Joyce (1882-1941), rende tributo ao antigo poema homérico cun lixeiro matiz irónico, xa que narra os feitos cotiáns que ocorren nun só día na vida do seu protagonista.

Macro-Estrutura da obra[editar | editar a fonte]

A obra pode ser dividida nas seguintes grandes seccións:

  • Introdución (Canto I)
  • Telemaquia (aventuras de Telémaco) (Canto II-IV)
  • Odiseo na illa e gruta de Calypso (Canto V)
  • Odiseo chega á illa dos Feacios, conta as súas aventuras, e parte da illa dos Feacios. Conta como partiu de Troia e chegou á illa de Calipso. (Canto VI- Canto XII)
  • Odiseo chega e permanece na illa de Ítaca, até que mata os pretendentes. (Canto XII-Canto XXIV).

Personaxes[editar | editar a fonte]

Casa de Odiseo[editar | editar a fonte]

  • Odiseus (Ulises) que foi un heroe da guerra de Troia e que quer volver para xunto dos seus.
  • Penélope (muller de Odiseus)
  • Telémaco (fillo de Odiseus e de Penélope)
  • Laertes (pai ancián de Odiseus)
  • Eumeu (porqueiro)

Casa dos Feacios[editar | editar a fonte]

  • Alcínoo , rei dos feacios
  • Areta, esposa de Alcínoo
  • Nausícaa, filla de ambos
  • Laodamante, irmán de Nausícaa, desafiador de Odiseus nos xogos.
  • Halio, idem
  • Clitóneo, idem
  • Equeneo, vello heroe
  • Demódoco (Aedo, contador lírico de historias)
  • Pontónoo
  • Anfíloo, atleta
  • Euríalo, (atleta, desafiador de Odiseus nos xogos)

Compañeiros de Odiseo nas viaxes marítimas[editar | editar a fonte]

  • Euríloco
  • Perimedes
  • Elpenor

Deuses intervenientes[editar | editar a fonte]

directamente:

Monstros e Criaturas Marabillosas[editar | editar a fonte]

Escenario[editar | editar a fonte]

As aventuras de Odiseus son aventuras eminentemente marítimas. Odiseus regresa de Troia, que é no mar Xónico, na actual Turquía. Tenta regresar á illa de Ítaca onde é rei. A illa de Ítaca fica na costa occidental da Grecia. Así Odiseus vai ter que contornar a península grega. As aventuras teñen por escenario o mar Mediterráneo, entre illas verdadeiras e outras míticas. Entre homes e deuses. O mar para os gregos era un elemento non natural. Andar no mar era unha manifestación da hybris (desregramento). Morrer no mar era o peor que podía acontecer a un grego da época antiga.

Resumo da Obra[editar | editar a fonte]

Son usados os nomes gregos e non os nomes latinos dos deuses e personaxes, porque a obra é grega. Así débense usar Odiseus en vez de Ulises, Zeus en vez de Xúpiter, Atenea en vez de Minerva, Hermes en vez de Mercurio, etc.

Canto I[editar | editar a fonte]

  • Invocación á musa. Asemblea dos deuses. Exhortación de Atena a Telémaco. Festín dos pretendentes.

Prólogo e invocación á musa. Odiseus está retido na illa de Calypso. Os Deuses na ausencia de Poseídon (que odea Odiseus) reúnense en Concilio e deciden que Odiseus deberá volver á súa terra natal (Ítaca). Atenea disfrázase de Mentes e vai falar con Telémaco para que este parta en busca de novas do seu pai. Os pretendentes de Penélope están nun festín, abusando da hospitalidade da casa.

Canto II[editar | editar a fonte]

  • Asemblea dos itacenses. Telémaco parte en procura do pai (Ulises)

Telémaco convoca a asemblea de Ítaca para que lle aparellen un barco para poder ir en busca dalgunha noticia do seu pai. Discurso de Aexipo. Telémaco quéixase do comportamento dos pretendentes. Antinous replica culpando Penélope. Telémaco replica e invoca a axuda de Zeus. Eurimaco replícalle. Disfrazada de Mentor, Atenea aparece ante Telémaco e promételle axuda e acompañamento. Telémaco vai á casa, pide a Eurycleia que lle prepare provisións para a viaxe. Atenea providencia un barco e ambos parten (Telémaco e Atena).

Canto III[editar | editar a fonte]

  • Estada de Telémaco en Pilo

En Pilo Telémaco fala con Nestor. Nestor narra a Telémaco a viaxe de volta da Guerra de Troia, mais nada sabe sobre o paradeiro de Odiseo. Emprestan entón cabalos a Telémaco para súa viaxe, e acompáñao Pisístrato, fillo de Nestor. Atenea desaparece.

Canto IV[editar | editar a fonte]

  • Estada de Telémaco na Lacedemonia (Esparta)

Telémaco e Pisístrato chegan á Lacedemonia, terra de Menelao, despois de narrar o seu retorno de Troia di que ouviu dun vello do mar Proteus que Odiseo aínda estaría vivo nunha illa. En Ítaca os pretendentes planean matar a Telémaco durante a súa volta. Atenas aparece nun soño para Penélope na forma da súa irmá, Iftima, para calmala.

Canto V[editar | editar a fonte]

  • A illa de Calypso. A flota de Odiseu.

Odiseus está preso na illa da ninfa Calypso. A pesar de estar ben tratado, Odiseo ten saudades da súa familia. Atenea fala con Zeus acerca da mágoas de Odiseo. Zeus envía a Hermes para interceder xunto de Calypso en favor de Odiseus. Hermes non encontra a Odiseus na gruta de Calypso, este encontrase xunto ao mar ollando o infinito nostalxicamente. Hermes convence a Calypso para liberar a Odiseu. Ela laméntase porque o ama e lle tiña prometido volvelo nun inmortal. Concorda en lle axudar a facer unha flota. Odiseus a pesar da súa muller (Penélope) ser unha mortal, quer volver con ela. Antes de partir na flota fai o amor pola última vez con Calypso. Abandona a illa despois de recibir recomendacións de Calypso (que vai usar cando for descender ao Hades). Poseidón (o Neptuno dos latinos) levanta unha tempestade para o fustrigar. Atenea avístao no medio da tempestade e vai no seu socorro. Transformándose en gaivota aparécelle e fálalle na proa do barco. Dálle un veo para o protexer. A flota desconxúntase. Atenea intercede para que os ventos se calmen. Tivo dous días e dúas noites á deriva. Despois de conseguir non chocar cos rochedos atinxe a praia a nado. Fai as preces ao espírito do río. Déitase na fraga cubríndose de follas. Adormece nun sono profundo providenciado por Atenea.

Canto VI[editar | editar a fonte]

  • Chegada de Odiseo ao país dos Feacíos. Nausicaa
Nausícaa e as súas servas

Odiseo está a durmir. Entretanto Atenea entra nun soño de Nausícaa e mándalle ir lavar a roupa ao río. Cando Nausícaa acorda diríxese ao río coas servas para lavar a súa roupa nos lavadoiros do río. Atenea induce a Nausícaa e as servas a faceren un xogo tirando unha bola unhas ás outras. Odiseus acorda. Cuestiónase onde estará. El aproxímase de Nausícaa, esta non foxe del. Odiseus ponse na posición do suplicante para Nausícaa. Ela accédelle xentilmente ás suplicas. As servas de Nausícaa tratan de Odiseus, ofrécenlle un manto e unha túnica, e óleo para el untar o corpo despois de se bañar no río. Despois danlle comida e bebida. Nausícaa dálle instrucións para el se dirixir ao palacio do seu pai (Alcinoo), para se tirar aos xeonllos da súa mai e suplicarlle axuda. Se el caer nas súas boas grazas, é certo que regresará a Ítaca porque os Feacíos son óptimos construtores de barcos. No camiño pasan por un bosque onde Odiseus dirixe preces á deusa Atena.

Canto VII[editar | editar a fonte]

Entrada de Odiseus no palacio de Alcínoo

Nausícaa chega á casa. Odiseu fica a rezar a Atenea. Vai a camiño da cidade dos Feacíos e encontra unha rapaza que non é máis que Atenea disfrazada. Odiseus pregúntalle onde fica o palacio de Alcínoo. Ela dálle as indicacións. Odiseus segue envolto nunha nube providenciada por Atenea para que os habitantes da Feacía non o vexan, porque estes son moi agresivos cos estranxeiros. Odiseu fica marabillado á porta do Palacio, el que anda hai tanto tempo lonxe da civilización. Odiseo entra no palacio e lánzase aos pés de Areta. Suplicálle que o axude a ir até á súa Patria. Séntase humildemente na cinza e agarda. Un vello, Euqueneo, toma a palabra e intercede por Odiseus. Alcínoo ofrece a Odiseus o lugar do seu fillo Laodamante. Oferécenlle comida. Oferécelle estadía. Todos se van deitar.

Canto VIII[editar | editar a fonte]

Ulises no país dos Feacios

Alcínoo leva a Odiseus até a Ágora, onde propón que se axude a Odiseo a volver para Ítaca. Os feacios admiran a beleza de Ulises. Seguen para o palacio. O Aedo Pontonoo chámase e fica no medio da sala do palacio para recitar. Cómese. O Aedo canta episodios da guerra de Troia. Ulises conmovido chora e cóbrese cun pano para non o veren. Só Alcínoo repara niso.

Saen todos para a rúa. Vón comezar os xogos. Na proba de carreira Clitoneo destaca. Na loita Euríadalo. No salto foi Anfíalo quen destacou. Laodamante cuestiona se Odiseu saberá algún xogo, e desafía a Ulises con arrogancia. Odiseo argumenta que non quer xogar, que está quebrado, e que a única cousa que o preocupa é volver á casa. Euríalo pícao con soberbia e alude que se cadra Odiseus non pasa dun corsario dos mares. Odiseu fica irritado, pega nun disco e tírao máis lonxe do que calquera feacio o podería tirar. Atenea disfrazada de home le a marca. Odiseo afirma que non recusa ningunha proba excepto con Laodamante que é o seu anfitrión. Afirma que só ten receo de ser posto á proba na carreira porque está moi quebrado polas desventuras e naufraxios no mar.

Apaciguador Alcínoo, di que as palabras de Odiseo son sabias e que os feacios non son perfectos no puxilato nin na loita, mais que son excelentes mariñeiros, corredores, danzantes e excelentes cantores. Mostran a Odiseus as artes do canto.

Cantan o episodio picaresco de Afrodita a traer o seu marido Hefesto con Ares (Marte).

Halio e Laodamante danzan. Odiseus afirma ao anfitrión que nas artes da danza non hai ninguén como os Feacios. Alcínoo fala con Euríalo para pedir desculpa a Odiseu polas provocacións que recibira. Euríalo ofrece unha espada a Odiseus. Alcínoo providencia unha arca con máis presentes para Odiseus.

As servas louvan Odiseu e úntano con óleo. Nausicca e Odiseu fítanse nos ollos, ela saúdao, para que el non se esqueza dela e que é grazas a ela que el foi salvo. No banquete, Odiseu ofrece un pedazo de carta ao aedo Demódoco e gáballe o canto. O aedo inspirado canta o episodio do cabalo de Troia. E Odiseu ten outro momento de grande choro. Outra vez só Alcínoo viu as lágrimas de Odiseu, e pregúntalle por fin: Quen é, de onde é a súa terra, e como foi parar ao país dos Feacios?

Canto IX[editar | editar a fonte]

Relatos de Odiseus (Cícones, Lotófagos, Ciclopes)

Odiseus vírase para o seu anfitrión, Alcinoo e dille que lle vai relatar as súas aventuras. Dille quen é e de onde ven (Odiseus, Ítaca). Vai contar a súa viaxe desde que partiu de Troia. Aproximouse dos Cícones que vivían na Tracia. Aí Odiseus e os seus saquearon a cidade apoderándose das mulleres e das riquezas. Odiseus aconsellou os seus a se retiraren, mais estes ficaron a beber o viño e a degolar bois en abundancia. Os Cícones entrementres foron chamar reforzos. Contra-atacaron rechazando os Aqueos. En cada nao morreron seis dos homes de Odiseus. Fuxiron e deixaron os compañeiros mortos na praia.

Despois de nove días de viaxe arriban á terra dos Lotófagos (literalmente os comedores de Loto) os compañeiros de Odiseus querían ficar cos Lotófagos a comer lodo que lles provocaba o esquecemento. Odiseus tivo que obrigalos a embarcaren.

Chegan á terra dos Cíclopes. Aquí dáse un dos episodios máis coñecidos da saga de Ulises. Os Ciclopes son seres xigantescos, con feitío de home pero un só ollo no medio da fronte, que viven sen lei e son trogloditas (viven en cavernas). Odiseus movido pola curiosidade quer ver e falar cun ciclope. Os ciclopes son pastores de ovellas. E Odiseo métese na gruta dun deles con doce compañeiros mentres os outros esperan nos barcos. Os compañeiros aconséllano a írense aínda que despois de roubaren uns queixos, mais Odiseus ten vivo interese en falar co dono da gruta. O ciclope Polifemo volta co rabaño e fecha a entrada da gruta cun rochedo. Odiseo diríxeselle como suplicante (o que era un acto sagrado). Ao que Polifemo agarrou en dous dos Aqueus e bateulles coas cabezas no chan e comeunos. Cando Polifemo dorme, Odiseu pega na espada, mais despois reconsidera porque non podería despois abrir a entrada da gruta para saír. No día seguinte, en canto Polifemo estaba co rabaño fóra, cos seus amigos prepara unha gran vara, afíalle a punta e endurécea ao lume. Polifemo volta e come dous Aqueos máis. Odiseus ofrécelle viño. Polifemo pregúntalle o nome e el responde: -Eu son "ninguén". Polifemo agradécelle o viño e dille que en retribución da bebida vai deixar a Odiseu ser o ultimo en ser comido. Despois de toldado polo viño, o xigante adormece. Ao que Odiseu e os seus camaradas espétanlle a gran lanza no ollo. Este levántase aos gritos. Aparecen outros Ciclopes aló fóra a preguntarlle o que lle aconteceu. El responde que alguén o cegou. Eles preguntan quen foi e Polifemo responde por "ninguén".

No día seguinte os Aqueos e Odiseo pendúranse por baixo das ovellas. Así o Polifemo cego que agarra nas ovellas unha a unha para pór para fóra, e que as apalpa por riba, non se apercibe do estrataxema. Foxen así os que aínda ficaban para as naos ancoradas. Despois de levantaren ferro, Odiseus a algunha distancia da costa grita inxurias a Polifemo cego. Este nun acceso de rabia tíralles grandes pedras que case acertan nas naos.

Canto X[editar | editar a fonte]

  • Relatos de Odiseus (Eolo. Os Lestrígones).

Canto XI[editar | editar a fonte]

  • relatos de Odiseus (Evocación dos Mortos)

Despois dun vento favorábel providenciado por Circe, a nao de Odiseo chega ao país dos Cimerios. Despois das libacións e das ofrendas aos deuses, Odiseus endereza unha prece aos mortos. Odiseus diríxese para a entrada do Inferno para descender ao mundo subterráneo dos mortos e consultar a Tiresias. (Nótese que o reino dos mortos, o Hades, tamén chamado de inferno ou infernos é moi diferente do inferno dos cristiáns. Os gregos non tiñan a noción de Paraíso, e o reino dos mortos era un sitio onde apenas había sombras, un resquicio triste do que as persoas foron en vida). Entón Odiseus entra no mundo dos mortos, os seus compañeiros fican na superficie facendo rituais para calmar os mortos. Odiseus encontra o seu compañeiro Elpenor. Encontra a súa defunta mai Anticlea. Odiseus conmóvese ante a súa aparición. Despois encontra a Tiresias e recibe os seus consellos/profecías: Poseidón tentará todo para que Odiseus non regrese a casa. Poseidón dille que cando encontrar os Bois de Helio non os debe molestar, e que se o fixer gran mal acontecerá; e que cando chegar a casa grandes preocupacións virán porque haberá homes que pretenden a súa esposa e que dilapidan os seus bens. Tiresias predí aínda que Odiseu matará os pretendentes. E que acabará nunha vellez opulenta e que na súa volta os pobos florecerán. Tiresias retírase para os fondos do reino dos mortos. A mai de Odiseu pergúntalle como foi el capaz de chegar até debaixo do mundo. E se el xa se aproximou de Ítaca. Odiseu dille que lle era necesario ir ao Hades para consultar a Tiresias e que non chegou aínda a Ítaca. A mai de Odiseus dille que Penélope continúa fiel no seu corazón a Odiseu. E que o pai aínda vive, mais está moi apagado. Odiseu tenta abrazar tres veces a mai, mais tres veces abraza só un soño.

Despois Odiseu avista varias princesas. Entre as cales Xocasta, a mai de Edipo. Alén de Cloris, Leda, Ifimedía, Fedra, Procris, Ariana, filla de Minos, Mera, Clémene, Erifila, Areta... Interrómpese o relato de Odiseus. Esta interrupción lémbranos que estamos na corte dos Feacíos a ouvir Odiseua contar (en analepse, ou flashback) as súas aventuras até chegar ao reino de Alcinoo. Odiseu conta que encontrou máis personaxes no reino dos mortos:

  • Aquiles.
  • Ajax, e heroes e compañeiros de Odiseu na guerra de Troia.
  • Avista aínda a Minos.
  • Titio.
  • Tántalo (que tiña o suplicio de estar preso de pé nun lago a morrer de sede sen conseguir beber).
  • Sísifo, que levaba un rochedo ás costas ladeira enriba que despois escorregaba, e despois volvía a empurralo eternamente.
  • Despois avista a Heracles (Hércules).

Os mortos comezan a acumularse en volta de Odiseu con gritos medoños e este, tomado polo medo, e xa tendo consultado a Tiresias que era a razón de ter decido a aquel reino, retírase. Odiseus retírase para a superficie e chegando xunto dos compañeiros levanta ferros.

Canto XII[editar | editar a fonte]

Relatos de Ulises (Sereías. Cila. Caríbdis. Bois de Helios).

Odiseo falando con Circe

Odiseu manda os seus compañeiros á mansión de Circe para recuperar o corpo de Elpenor. O corpo é suxeito a cremación nunha fogueira. Circe, non ignorando que Odiseu regresou do Hades, tróuxolles carnes e viños en abundancia. Circe dálles instrucións para a viaxe. Van encontrar sucesivamente as Sereas, Cila e Caríbdis. Odiseus cuestiona que, se puider evitar Caríbdis, podería atacar Cila. Circe respóndelle que non, que non debe estar sempre a pensar en feitos guerreiros (aconséllalle por tanto temperanza). Circe dille aínda que el chegará a seguir á illa da Trinacria (que quer dicir tres montes, que corresponde á Sicilia). Circe vaise, aínda que Odiseus e os seus retoman viaxe.

Odiseu, "dos mil ardís", quer ouvir o canto inmortal das sereas. Que consta que son cánticos tan divinos que un mortal enlouquece e tírase á auga. Odiseu pide aos seus colegas que poñan todos cera nos ouvidos para non ouviren o canto. Despois pide que o amarren ao mastro e que por máis que el suplique que non o desamarren. Así o intelixente Odiseu consegue ser o único ser humano que ouviu o canto das sereas e que ficou vivo para contar. Cando elas aparecen el grita a plenos pulmóns para que o liberten. Mais os seus compañeiros cumpren o que prometeron e non o ceiban. Despois de pasaren as sereas...

Aquí acaba o relato de Odiseu aos Feacios que ocupou todos os capítulos IX, X, XI, XII e XIII. Repárese que isto é unha narrativa de encaixe dentro dunha historia maior. A Odisea é un poema narrativo. Tendo así algunhas características do xénero da novela.

Canto XIII[editar | editar a fonte]

Ulises deixa o país dos feacios. Chega a Ítaca.

Canto XIV[editar | editar a fonte]

Conversa de Ulises co porqueiro Eumeu

Canto XV[editar | editar a fonte]

Chegada de Telémaco á casa de Eumeu

Canto XVI[editar | editar a fonte]

Telémaco recoñece o pai Ulises

Canto XVII[editar | editar a fonte]

Telémaco volta á cidade de Ítaca

Canto XVIII[editar | editar a fonte]

Puxilato de Ulises e de Iro

Canto XIX[editar | editar a fonte]

Conversas de Ulises con Penélope. O baño de pés.

Canto XX[editar | editar a fonte]

Preparación para o masacre dos pretendentes

Canto XXI[editar | editar a fonte]

O arco

Canto XXII[editar | editar a fonte]

O Masacre dos Pretendentes.

Canto XXIII[editar | editar a fonte]

Penélope recoñece a Ulises

Canto XXIV[editar | editar a fonte]

Nos infernos. A paz.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

En Castelán: