Código internacional de navegación marítima
O código internacional de navegación marítima utiliza bandeiras para transmitir mensaxes, ora entre dous ou máis barcos, ora entre un barco e a terra ou o porto. Existen bandeiras de diferentes formas e cores, de maneira que cada unha representa unha letra do alfabeto internacional, así como os números do 1 ao 0.
Cando un barco necesita transmitir unha mensaxe consistente en unha ou varias palabras, ou números, iza no mastro dianteiro as bandeiras que representan as letras e números da mensaxe, alinñadas de arriba para abaixo. Se a mensaxe é máis longa, repetirase a operación con novas bandeiras.
Tamén se utilizan as bandeiras individualmente ou en combinacions de dúas, e neste caso teñen un significado determinado segundo un código internacionalmente vixente.
Desde que existe a radio, o uso das bandeiras de sinais para transmitir mensaxes diminuíu notabelmente. Porén, séguense utilizando de forma xeneralizada as bandeiras individuais ou en combinacions de dúas ou máis, para sinalizar un aviso determinado. Deste xeito na Armada española segue a existir a figura do sinaleiro, que realiza os seus labores en contacto directo coa ponte de mando do navío. Determinadas sinalizacións son neste corpo de obrigado cumprimento como por exemplo o aviso de práctico a bordo.
Tamén soen ser usadas para engalanar ao navío na celebración de actos festivos. Nese suposto as bandeiras soen ser izadas desde a proa ata a popa.
Índice |
[editar] Letras e bandeiras
| Letra | Código NATO | Bandeira | Significado |
|---|---|---|---|
| A | Alfa | Teño un mergullador na agua; consérvese afastado e a pouca velocidade. | |
| B | Bravo | Carga, descarga ou transpote de carga perigosa. | |
| C | Charlie | Si (Afirmativo). | |
| D | Delta | Manteñase afastado, estou a manobrar con dificultade. | |
| E | Echo | Estou virando para estribor. | |
| F | Foxtrot | Estou con avaría; comunique comigo. | |
| G | Golf | Necesito dun piloto. | |
| H | Hotel | Teño piloto (práctico) a bordo. | |
| I | India | Estou virando para babor. | |
| J | Juliet | Estou con incendio a bordo: manteñase afastado. | |
| K | Kilo | Desexo comunicarme con vostede. | |
| L | Lima | Vostede debe parar a súa embarcación inmediatamente. | |
| M | Mike | O meu navio está parado. | |
| N | November | Non (Negativo). | |
|
O
|
Oscar | Home ao mar. | |
| P | Papa | No porto: todas as persoas deben regresar a bordo pois o navio vai largar. No mar: pode ser usado por embarcación de pesca para dicir: "As miñas redes poden obstruílo". | |
| Q | Quebec | Pido libre práctica (licenza para entrar en porto). | |
| R | Romeo | Sen significado (na Mariña Portuguesa esta bandeira poderá significar que o navio está en misión de busca e salvamento (SAR - Search And Rescue), em misión de fiscalización ou a efectuar operacións de reabastecemento no mar). | |
| S | Sierra | Estou dando marcha atrás. | |
| T | Tango | Barcos de pesca: Estou pescando ao arrastre en parella. Manteñase afastado. | |
| U | Uniform | Vai vostede en dirección a un perigo. | |
| V | Victor | Necesito auxilio. | |
| W | Whiskey | Pido asistencia médica. | |
| X | Xray | Pare as suas manobras. | |
| Y | Yankee | Estou manobrando para atrás para fixar a áncora. | |
| Z | Zulu | Necesito un remolcador. |
[editar] Combinacións
As letras poderán ser combinadas adquirindo outros significados. Exemplo dalguns sinais de duas letras e o seu significado:
-
- AC - Estou a abandonar o meu navio
- AN - Preciso de un médico
- BR - Necesito un helicóptero
- CD - Pido assistencia inmeadiata
- DV - Estou á deriva
- EF - O SOS/MAYDAY encontrase cancelado
- FA - Pode fornecerme a miña posición?
- GW - Home ao mar. Efectue a súa recolla
- JL - Corre o risco de encallar
- NC - Estou en perigo e pido asistencia inmediata
- PD - As suas luces de navegación non son visíbeis
- PP - Manteñase bastante afastado de min
- QD - Estou a desprazarme para vante
- QT - Estou a desprazarme para atrás
- QU - Fundear non está permitido
- QX - Solicito autorización para fundear
- RU - Manteñase afastado de min. Estou a manobrar con dificultade
- SO - Debe parar o seu navio inmediatamente
- UM - O porto está fechado ao tráfego marítimo
- UP - Solicito autorización para entrar no porto con urxencia. Encontrome en dificultades
- YU - Vou comunicar coa súa estación através do Código Internacional de Sinais
- ZL - O seu sinal foi recebido mais non comprendido
[editar] Números
| 1 | 2 | |||
|---|---|---|---|---|
| 3 | 4 | |||
| 5 | 6 | |||
| 7 | 8 | |||
| 9 | 0 |