César Novoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCésar Novoa

César Novoa Alcaraz, nado en Pontevedra en 1942, segundo marqués de Patiño, é un avogado, político e aristócrata galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neto da aviadora Elisa Patiño, César Novoa naceu no seo dunha familia nobre de varios séculos da ría de Pontevedra. Avogado de profesión os anos oitenta, como afiliado ao Partido Popular foi elixido concelleiro en Pontevedra nos comicios de 1983, e como tal foi seleccionado para ser deputado provincial baixo a presidencia da Deputación de Mariano Rajoy.

Accedeu ao ducado (estilizado co nome de marqués[1] de Patiño) logo do falecemento da nai, Lucía Alcaraz Patiño, en 2002. Como aristócrata, é membro do corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia[1]. A casa familiar é o pazo dos Duques de Patiño, en Padriñán (Sanxenxo)[2].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ana Tovar e tivo unha filla, Iria Novoa Tovar, que é a herdeira do ducado[1]. Enviuvou en 2018[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Bará, Milagros (2016-11-05). "El Marquesado de Patiño, un ducado con historia". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2022-08-16. 
  2. Conde, María (2010-08-21). "«Mantener el título es casi una obligación con el antepasado»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-08-16. 
  3. "Pontevedra despide a la marquesa de Patiño". Diario de Pontevedra (en castelán). 2018-02-03. Consultado o 2022-08-16.