Buraco das Araras, Mato Groso do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Buraco das Araras é unha dolina situada no concello de Jardim, Mato Groso do Sur (Brasil).

Con 500 m de diámetro e 127 de profundidade, está considerada a maior dolina da América latina. O seu nome provçen do gran número de araras (un tipo de papagaios) que habitan o lugar. No seu interior alberga un ecosistema propio, con fauna e flora particulares, e cun grande lago habitado polo Caiman latirostris. No abismo do buraco existen túneles e cavernas.

O Buraco das Araras é unha Reserva Particular do Patrimonio Natural de 29 hectáreas, pertencente á Reserva río da Prata, de 307 hectáreas.

A súa orixe é incerta. Opínase que o cráter foi causado polo impacto dun meteoro.

Notas[editar | editar a fonte]