Brigitte Bardot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brigitte Bardot
Brigitte Bardot.jpg
Brigitte Bardot, 1968.
Nacemento Brigitte Anne-Marie Bardot
28 de setembro de 1934
París, Francia
Profesión Actriz (1952-1973)
Ficha na IMDb

Brigitte Anne-Marie Bardot, coñecida como Brigitte Bardot e nada en París en 1934, é unha modelo e actriz francesa, considerada unha icona sexual dos anos 1950s e 1960s.

Filla dun industrial, modelo dende os 15 anos, e aparece pola primeira vez en pantalla en 1952 en Le Trou Normand. O filme Et Dieu créa la femme dirixido polo seu home Roger Vadim lanzouna ao estrelato, Bardot foi unha das poucas actrices europeas en recibir atención polos medios de comunicación norteamericanos. En 1954 protagonizou o primeiro filme nos Estados Unidos, Un acte d'amour con Kirk Douglas. En 1965 representouse a si propia en Dear Brigitte con James Stewart.

Bardot retirouse en 1974 despois de protagonizar case 50 filmes e gravar varios discos. Dende entón dedicouse á promoción dos dereitos dos animais. En 1976 creou a Fundación Brigitte Bardot para a protección dos animais en perigo.