Brigada Dabrowski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Membros da Brigada Dabrowski xurando lealdade ao goberno da república.

A Brigada Dabrowski foi unha unidade militar que serviu nas Brigadas Internacionais durante durante a guerra civil española. Debe o seu nome ó militar polaco Jaroslaw Dabrowski que loitou na Comuna de París.

Tras o comezo das hostilidades en España contra a república polo exército, en Polonia, como noutros países europeos, organizouse un movemento de solidariedade coa República Española liderado polos sectores máis esquerdistas do espectro político e con preponderancia dos comunistas, nese ambiente un pequeno número de polacos decidiu acudir a España para loitar como voluntarios ó servizo da república a pesar da hostilidade do goberno polaco, é así que os voluntarios tiveron que saír clandestinamente do país, calcúlase en arredor de 800 homes os que chegaron a territorio controlado pola república, o primeiro grupo chegou en agosto de 1936 a Barcelona e constituuí a unidade de metralladoras Dabrowski baixo o mando de Franciszek Palka e integrouse na centuria Comuna de París que marchou a combater na fronte de Aragón ata que o constituírse as Brigadas Internacionais establecénse en Albacete onde forman o batallón Dabrowski o 24 de outubro de 1936, 600 homes baixo o mando de Stanislaw Ulanowski que se integrou primeiro na XI Brigada Internacional e en decembro na XII Brigada e participou na defensa de Madrid, perdendo dous terzos dos seus homes. En xaneiro de 1937 baixo o mando de Josef Sfrzelezyk engádeselle ó batallón unha compañía española e quedan en tres as compañías polacas que se enfrontan ós nacionais na batalla do Járama, perdendo un terzo dos seus efectivos. O 18 de marzo, conxuntamente coas forzas de Enrique Líster, conquista ós italianos Brihuega. En xuño de 1937 convértese en brigada Dabrowski, a 150ª Internacional, baixo o mando do español Fernando Gerasi, formado polo antigo batallón Dabrowski e un batallón franco-belga e outro húngaro. Para cubrir as perdas da fronte de Aragón de maio ingégrase un novo batallón polaco-español, o José Palafox. En decembro de 1937 o batallón franco-belga é substituído polo batallón Adam Mickiewicz, nesa altura o 60% da brigada está composta por españois, e ademais de polacos hai un pequeno número de húngaros. En febreiro de 1938 opera en Estremadura para intentar evitar o reforzo polos nacionais da fronte de Aragón pero en marzo diante unha grande ofensiva nacional ten que volver a Aragón pero nada pode facer ó chegar en plena retirada dos republicanos e consegue chegar a Cataluña e reorganízase para participar na batalla do Ebro. Tras a decisión do goberno Negrín de retirar as forzas internacionais do conflito a brigada sae da fronte o 25 de setembro para ser desmobilizada.

Calcúlase en 5.400 os polacos que combateron en España, a maioría (3.800)estaba constituído por mineiros que traballaban en Francia, 300 eran polaco-americanos e había varios centos de polacos que habitaban en diversos países europeos, tan só 800 procedían da mesma Polonia.

Filatelia[editar | editar a fonte]

Como recoñecemento o labor da brigada as autoridades comunistas polacas emitiron dous selos dedicados a ela en 1946 e 1966 e dous enteiros postais en 1946 e 1986.