Breda Ba.65

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Breda Ba.65
Breda Ba.65 on ground.JPG
Tipo ataque ao chan
Fabricante Ernesto Breda
Primeiro voo setembro de 1935
Retirado 1941
Principais usuarios Regia Aeronautica
Construídos 218

O Breda Ba.65 foi un avión italiano de ataque ao chan usado pola Aviazione Legionaria na Guerra Civil Española e pola Regia Aeronautica na Segunda Guerra Mundial. Desenvolveuse a partir do Ba.64 e voou por primeira vez en setembro de 1935. Construíronse 218 exemplares e foi un auténtico fracaso, aínda que os italianos agardaban moito del. Exportáronse 55 exemplares a Chile, Iraq e Portugal.

Deseño[editar | editar a fonte]

O Ba.65 foi deseñado por Antonio Parano e Giuseppe Panzeri como unha evolución do Ba.64. O Ba.65 era un avión monoplano de á baixa, monopraza, de construción totalmente metálica, co tren de aterraxe de popa retractil. Ao igual que o seu predecesor, pretendeuse deseñar un avión con múltiples roles, como caza, ataque e recoñecemento. O Ba.65 estaba equipado con armamento montado nas ás, formado por dúas metralladoras de 12,7 mm e dúas de 7.7 mm Breda-SAFAT, cunha capacidade interna para 200 200 kg de bombas ademais de puntos de anclaxe externos con capacidade para 1.000 kg. O prototipo, que voou por vez primeira en setembro de 1935, ao igual que o avión de produción, usou o motor radial Gnôme-Rhône K-14 de 700 cabalos producido baixo licenza por Isotta-Fraschini. A partir do exemplar número 82 equipouse co máis potente Fiat A.80 RC.41 de 1.000 cabalos. A fabricación rematou en xullo de 1939 despois de que Breda e Caproni construísen 218 aparellos.