Breda Ba.64

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Breda Ba.64
Tipo avión de ataque ao chan
Fabricante Ernesto Breda
Deseñado por Antonio Parano e Giuseppe Panzeri
Primeiro voo 1934
Introducido 1937
Retirado 1939
Principais usuarios Regia Aeronautica
Construídos 42

O Breda Ba.64 foi un avión de ataque ao chan italiano dun só motor usado pola Regia Aeronautica durante os anos 30. Deseñado por Antonio Parano e Giuseppe Panzeri, tivo un servizo limitado en dúas unidades dende 1936, xunto co seu contemporáneo Caproni A.P.1. Foi retirado do servizo activo en 1939, substituído pola variante máis potente Breda Ba.65.