Brazil (filme)
| Brazil | |
|---|---|
| Título orixinal | Brazil |
| [[Ficheiro:{{{imaxe}}}|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Terry Gilliam |
| Produtor | Arnon Milchan |
| Guión | Terry Gilliam Tom Stoppard Charles McKeown |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Jonathan Pryce Kim Greist Michael Palin Robert De Niro Katherine Helmond Bob Hoskins Ian Holm |
| Música | Michael Kamen |
| Fotografía | Roger Pratt |
| Montaxe | Julian Doyle |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | |
| Ano | 1985 |
| Duración | 130 min. |
| País | Reino Unido |
| Xénero | Comedia |
| Orzamento | 15 millóns de dólares |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
Brazil é unha comedia cinematográfica de 1985, dirixida por Terry Gilliam. Protagonizada por Jonathan Pryce e Robert De Niro, obtivo dúas nominacións ós Oscar, á mellor dirección artística e ó mellor guión orixinal.
Índice |
Trama [editar]
Sam Lowry (Jonathan Pryce) é un tecnócrata eficiente pero soñador cun posto de terceira categoría dentro da xigantesca máquina burocrática que move (ou paraliza) a unha antiutopía opresiva, inhumana, afundida pola ineficiencia e ameazada polo terrorismo.
Un erro no apelido debido a unha mosca caída na testa dun teletipo, provoca a detención errónea dun inocente, de consecuencias fatais para este. Como oficialmente non existen erros no sistema burocrático, ninguén quere facerse cargo do papeleo agás o benintencionado Lowry. Durante a súa visita á familia do falecido ten un encontro casual coa súa veciña, á que recoñece como a muller dos seus soños. Pero ela foxe.
O descubrimento fai que, para poder obter información sobre ela, Sam sométese ós desexos da súa nai, unha narcisista recalcitrante e moi ben relacionada obsesionada con darlle unha carreira ó fillo. Así, Lowry comeza a súa escalada ás altas esferas a pesar da súa natureza escrupulosa e pouco ambiciosa.
Tanto a súa implicación no erro burocrático do principio, como a súa obsesión pola muller e os seus contactos cun fontaneiro clandestino complican a vida a Lowry ata o punto de que pasa a ser considerado unha ameaza para o sistema. Mentres, a pesar de moitas dificultades, é quen de acadar o amor da súa rapaza soñada.
Finalmente o Sistema, implacable, faise cargo de Sam Lowry e destrúeo mediante a tortura. Pero Lowry obtén refuxio na tolemia.
Reparto [editar]
- Jonathan Pryce como Sam Lowry.
- Kim Greist como Jill Layton.
- Michael Palin como Jack Lint.
- Robert De Niro como Archibald “Harry” Tuttle.
- Katherine Helmond como Mrs. Ida Lowry.
- Bob Hoskins como Spoor.
- Derrick O'Connor como Dowser.
- Ian Holm como Sr. Kurtzman.
- Jim Broadbent como Dr. Jaffe.
- Ian Richardson como Sr. Warrenn.
- Peter Vaughan como Sr. Helpmann.
- Brian Miller como Sr. Buttle.
- Barbara Hicks como Mrs. Alma Terrain.
- Charles McKeown como Harvey Lime.
- Kathryn Pogson como Shirley.
- Bryan Pringle como Spiro (waiter).
- Sheila Reid como Sra. Buttle.
- Derek Deadman como Bill.
- Nigel Planer como Charlie.
- Gorden Kaye como Lobby Porter.
- Jack Purvis como Dr. Chapman.
- Elizabeth Spender como Alison/'Barbara' Lint.
- Myrtle Devenish.
- Holly Gilliam como Holly Lint.
- Terry Gilliam.
- Roger Ashton-Griffiths como o sacerdote
Curiosidades [editar]
- A distopía na que se desenvolve a acción está situada "nalgún lugar do século XX" (Somewhere in the 20th Century) e a imaxinería visual mestura elementos de moitas décadas do devandito século, o que contribúe a crear unha atmosfera irreal. Por exemplo: os ordenadores están construídos a partir dunha máquina de escribir, un pequeno tubo de raios catódicos e unha lente fresnel.
- Todos os nomes dos lugares son ironicamente idílicos. Así, o protagonista vive nuns enormes bloques grises (pertencentes en realidade a unha cidade francesa) chamados "bloque Flor de Azahar, avenida Verdes Pastos", mentres que Buttle vive nas torres "Shangri-la".
- A omnipresente burocracia consome o 26% do PIB, segundo se asegura no noticiario que podemos ver ó principio da película. A maneira máis eficaz de afastar un fontaneiro estatal é solicitarlle un impreso 27B/6.
- A película está salpicada de detalles en segundo e terceiro plano:
-
- Un exemplo: cando a Sam Lowry lle comentan nunha festa que determinada rapaza as ten "máis grandes e de punta", acláranlle posteriormente que a observación se refire ás súas orellas. Pouco despois, noutra escena, podemos ver como a moza, en segundo plano, se deixa examinar as orellas por outro personaxe.
-
- Outro exemplo: Cando o protagonista vai visitar a familia do señor Buttle, podemos ver un cartel cunha oferta de vacacións que reza: "Luxo sen medo. Diversión sen sospeita. Reláxese nun ambiente libre de pánico." (Luxury without Fear. Fun without suspiction. Relax in a Panic-Free Environment).
- O "agasallo para executivos" que aparece varias veces ó longo da película non existe nos comercios e foi creado especialmente para a película.
- A escena do tiroteo no vestíbulo do ministerio de "Obtención de Información" é unha homenaxe a O acoirazado Potemkin.
Influencias [editar]
O director, Terry Gilliam referiuse a esta película como a segunda dunha triloxía formada por Os bandidos do tempo (1981) e As aventuras do Barón Munchausen (1989). As tres películas teñen como tema común a loita pola imaxinación e a liberdade de pensamento nun mundo que se opón ás devanditas ideas.
Esta película contén numerosos temas complexos e sutís aderezados cunha mestura de humor cruel e ideas que dificultan un seguimento lineal da trama pero que contribúen a crear un filme rico que pode ser visto en varias ocasións. A película posúe unha importante riqueza visual presentando unha visión inusual do futuro e con imaxes oníricas que admiten diferentes interpretacións.
Tamén contén numerosas referencias á serie de televisión británica dos anos sesenta The Prisoner e á novela de George Orwell 1984.
Na súa estrea a película tivo importantes dificultades en recadación. Con todo, permanece como unha película de culto entre os fans de Gilliam. A edición en VHS da cinta é unha versión máis curta de 131 minutos. A edición en DVD é a mesma que a película orixinal.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Perfil en All Movie Guide
- Brazil Análise cinematográfico.