Brais Abelenda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brais Abelenda
Información persoal
Nome Brais Abelenda Negreira
Nacemento 27 de outubro de 1995
Lugar de nacemento Bembibre
Altura 1,77 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Ponferradina
Número 18
Carreira xuvenil
2001–2007 Dubra
2007–2008 Conxo
2008–2013 Santiago de Compostela
2013–2014 Levante
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014–2018 Racing de Ferrol 46 (1)
2014–2015 Cerceda 17 (2)
2015–2016 Galicia de Mugardos 38 (9)
2018–2021 Compostela 88 (30)
2021–2023 Pontevedra 64 (20)
2023– Ponferradina 10 (3)
Selección nacional
2019–2020 Galicia afeccionados
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 6 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Brais Abelenda Negreira, nado en Bembibre, Val do Dubra, o 27 de outubro de 1995, é un futbolista galego que xoga como dianteiro na Ponferradina, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no seu Bembibre natal, xunto aos seus veciños e futuros compañeiros de equipo Samu e Roberto Baleato.[1] Os tres xogaron dende pequenos no Dubra, onde axiña empezaron a destacar. Tras pasar polas categorías inferiores do Conxo, Brais ingresou na canteira do Santiago de Compostela e no seu segundo ano como infantil asinou 42 goles e 53 asistencias.[2] Na súa primeira campaña como xuvenil marcou 24 goles e repartiu 25 asistencias na Liga Nacional, militando a tempada seguinte na División de Honra.[3] Militou cinco anos no Santiago e o seu rendemento chamou a atención do Levante, que o firmou para o seu equipo xuvenil na 2014/15.[4] Alí rematou na segunda posición o campionato da División de Honra, só por detrás do Valencia.[2]

Ao remate da súa etapa como xuvenil foi fichado polo Racing de Ferrol.[5] Debutou co equipo verde na Segunda División B na primeira xornada da tempada 2014/15, fronte ao Langreo en Ganzábal, onde o adestrador Manolo García lle deu entrada nos minutos finais como substituto do histórico Pablo Rey.[6] Participou só noutro encontro co Racing esa tempada, antes de saír cedido en decembro ao Cerceda, da Terceira División, co que acabou disputando a promoción de ascenso.

Para a campaña 2015/16 volveu marchar cedido, desta vez ao Galicia de Mugardos, tamén de Terceira, onde se converteu nunha importante peza do ataque, disputando 38 partidos e anotando 9 goles. Entre 2016 e 2018 xogou co Racing en Segunda B, disputando 46 partidos nos que marcou un gol, e sufrindo o descenso a Terceira.

En 2018 fichou polo Compostela, tamén de Terceira, onde se reencontrou con Samu e máis tarde tamén con Baleato. Marcou 26 goles nas súas dúas primeiras tempadas no equipo de Yago Iglesias e foi a referencia ofensiva do conxunto compostelanista que conseguiu o ascenso na tempada 2019/20 tras proclamarse campión do seu grupo.[7] Militou un terceiro ano no Compostela, sendo titular en tódolos partidos e conseguindo cinco goles.

En 2021 converteuse en novo xogador do Pontevedra, da Segunda División RFEF. Titular indiscutible para o adestrador Ángel Rodríguez, na primeira das súas dúas campañas como granate formou un prolífico tridente xunto a Charles e Rufo, sumando 42 goles entre os tres, 10 deles obra de Brais Abelenda. O equipo proclamouse campión do Grupo I e logrou o ascenso directo á Primeira División RFEF.[8] Mantivo as súas cifras goleadoras na seguinte campaña, xa na categoría de bronce, pero o equipo non conseguiu salvar a categoría.[9]

Na tempada 2023/24 fichou pola Ponferradina, equipo que viña de descender dende a Segunda División.[9]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Compostela
Pontevedra

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nogueira Casás, Xaime (20 de xaneiro de 2022). "Brais Abelenda, fronte á súa infancia". Diario de Pontevedra. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Antón, Rafa (30 de xuño de 2014). "Brais Abelenda llega al Racing de Ferrol procedente del Levante juvenil" (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  3. "De A Pedreira al Ramón de Carranza". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de maio de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  4. "ENTREVISTA A BRAIS ABELENDA: “Que trabajen duro día a día sin renunciar a sus sueños e intentar dar lo máximo de si mismos sin dejar de disfrutar y divertirse”" (en castelán). 24 de setembro de 2014. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  5. "El Racing incorpora a Brais Abelenda, que llega de los juveniles del Levante". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xullo de 2014. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  6. "Buenas sensaciones, pero empate a nada, en el debut del Racing de Ferrol en Langreo" (en castelán). 24 de agosto de 2014. Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  7. Calvo, Naso (4 de agosto de 2020). "Pato Guillén fue el único jugador del Compos que disputó todos los minutos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  8. Conde, Carla (6 de abril de 2022). "Charles, Rufo e Brais Abelenda: o tridente de ouro do Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 
  9. 9,0 9,1 Otero, Francisco (2 de xullo de 2023). "Brais Abelenda, primer refuerzo" (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]