Bragueta
A bragueta é unha vestimenta masculina que se usaba nos séculos XV e XVI para cubrir os órganos xenitais. Por extensión, abertura diante dos calzóns ou pantalóns, neste último caso tamén chamada petrina e que se adoita pechar con pechadura de cremalleira ou con botóns.
Historia [editar]
Nos séculos XV e XVI, a bragueta apareceu por razóns de pudor: Os homes vestían calzas moi axustadas que viñan abertas na entreperna, de maneira que o órganos xenitais quedaban cubertos soamente polo xubón. Cando a moda cambiou e os homes empezaron a usar xubóns máis curtos, apareceu a bragueta.
Algunhas armaduras do século XVI inclúen braguetas metálicas.
En España [editar]
O rei Carlos I mostra o uso da bragueta nunha pintura moi famosa creada por Tiziano: o Retrato de Carlos V co can (Museo do Prado).