Botella de Leiden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debuxo da botella de Leiden orixinal

A botella de Leiden é un dispositivo eléctrico realizado cunha botella de vidro que permite almacenar cargas eléctricas. Historicamente a botella de Leiden foi o primeiro tipo de condensador.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1746, Pieter van Musschenbroek, que traballaba na Universidade de Leiden, efectuou un experimento para comprobar se unha botella chea de auga podía conservar cargas eléctricas. Esta botella consistía nun recipiente cun tapón ao cal atravésalle unha varilla metálica que queda mergullada no líquido. A varilla ten unha forma de gancho na parte superior ao cal achégaselle un condutor cargado eléctricamente. Durante a experiencia un asistente separou o condutor e recibiu unha forte descarga ao aproximar a súa man á varilla.

Un ano máis tarde o británico William Watson descubriu que aumentaba a descarga se a envolvía cunha capa de estaño. Seguindo os novos descubrimentos, Jean Antoine Nollet tivo a idea de substituír o líquido por follas de estaño, quedando desde entón esta configuración da botella que se utiliza actualmente para experimentos. Watson puido transmitir unha descarga eléctrica de xeito espectacular producindo unha faísca eléctrica desde unha botella de Leiden a un cable metálico que atravesaba o río Támesis en 1747. As botellas de Leiden eran utilizadas en demostracións públicas sobre o poder da electricidade. Nelas producíanse descargas eléctricas capaces de matar pequenos ratos e paxaros.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Debuxo da sección dunha botella de Leiden que mostra a súa construción: Unha botella de vidro é recuberta interior (B) e exteriormente (A) por unha lámina metálica. A parte superior próxima á boca déixase sen recubrimento para evitar arcos eléctricos entre as láminas hai un electrodo metálico en contacto coa lámina interior que sae ao exterior para poder facer a carga

A botella de Leyden é un dispositivo que permite almacenar cargas eléctricas comportándose como un condensador. A varilla metálica e as follas de estaño ou aluminio conforman a armadura interna. A armadura externa esta constituída pola capa que cobre a botella. A mesma botella actúa como un material dieléctrico (illante) entre as dúas capas do condensador. O nome de condensador provén das ideas do século XIX sobre a natureza da carga eléctrica que asimilaban esta a un fluído que podía almacenarse tras a súa condensación nun dispositivo adecuado como a botella de Leiden.

Este é o principio polo cal, se un raio cae por diferenza de potencial nun avión, este non sufrirá no seu interior ningún tipo de descarga nin alteración eléctrica.

Experimento[editar | editar a fonte]

Desenvólvese cunha botella de cristal, na cal, córtase un anaco de lámina de aluminio de uso doméstico e con isto e cun rolo de película fotográfica, envólvese o frasco. Posteriormente colócase no interior outro anaco de lámina de aluminio. Neste punto do experimento podería empregarse pegamento pero existe o perigo de que os gases liberados no interior poidan facer explotar o frasco.

Realízase unha perforación na tapa da botella e introdúcese nesta un parafuso e asegúrase na parte interior da botella cun anaco de arame obtido dun clip para papel. Este arame debe facer contacto coa lámina que se colocou no interior. Cun anaco de cable (con varios fíos) e suxéitase na parte de arriba do parafuso; a esta parte coñéceselle como "cepillo de colección".

Como xerador se utiliza un tubo de PVC que se frega cun pano ou un anaco de tea para xerar electricidade estática.

O aparello faise funcionar colocando a botella de Leiden no bordo dunha mesa, logo débese facer que o cepillo de colección toque ao tubo de PVC, mentres isto realízase, deslízase fregando no pano ou tea. O arame que sae da botella de Leiden é unha conexión a terra. Pódese suxeitar o frasco pola parte que ten a lámina de aluminio e non se recibirá unha descarga se non se toca a lámina e o parafuso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]