Boris Chertok

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBoris Chertok

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Борис Черток Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1912 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Łódź, Polonia Editar o valor em Wikidata
Morte14 de decembro de 2011 Editar o valor em Wikidata (99 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePneumonía Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética (1922–)
Rusia (–1922)
Imperio Ruso Editar o valor em Wikidata
EducaciónMoscow Power Engineering Institute (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronáutica e Voo espacial Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEnxeñeiro de aviación , profesor universitario , enxeñeiro , escritor de non ficción Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto de Física e Tecnoloxía de Moscova Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Federación Rusa Editar o valor em Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioBoris Yevseyev Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesAnna Golubkina (pt) Traducir () Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Chertok-19 Find a Grave: 84974342 Editar o valor em Wikidata

Boris Ievseievich Chertok, nado o 1 de marzo de 1912 en Lodz (Unión Soviética) e finado o 14 de decembro de 2011, foi un enxeñeiro participante no programa espacial soviético.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chertok naceu en 1912 en Lodz, fillo dun contable. A súa familia tivo que migrar a Moscova antes de que Boris cumprira os dous anos. Comezou a súa carreira aos 17 anos como electricista. A pesar da súa falta de formación comezou a traballar nunha fábrica de aviónica en 1930, recoñecéndoselle talento para iso e comezando a súa formación universitaria paralelamente ao seu traballo. En 1935 xa era xefe dunha oficina de deseño, xogando un importante papel no desenvolvemento da electrónica usada nas expedicións polares soviéticas. Graduouse en 1940 e comezou a traballar en sistemas de control e guiado na oficina de V. F. Bolkhovitinov.

En abril de 1945 foi asignado ao grupo que analizaría a tecnoloxía alemá de foguetes despois da segunda guerra mundial. Traballou en Alemaña ata xaneiro de 1947, entrando en contacto con Korolev por primeira vez. Chertok foi asignado á instituto NII-88 de Korolev en agosto de 1946, pasando a ser xefe delegado de sistemas de control e guiado de foguetes e naves espaciais. Traballou nos sistemas de control do primeiro mísil balístico intercontinental, o R-7, e das primeiras naves tripuladas, Vostok, Voskhod e Soiuz. Foi o responsable do sistema KORD de control dos motores do foguete N-1 e máis tarde, ata a súa xubilación en 1992, foi deseñador xefe adxunto na empresa estatal Energia. Faleceu o 14 de decembro de 2011.

Notas[editar | editar a fonte]