Boloria dia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boloria dia

Vista ventral.

Vista dorsal.
Vista dorsal.

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Nymphalidae
Xénero: Boloria
Especie: B. dia
(Linnaeus, 1767)
Sinonimia
  • Clossiana dia
  • Boloria (Clossiana) dia

Boloria dia é un insecto lepidóptero da familia Nymphalidae.[1][2][3]

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha bolboreta con ás de cor laranxa marrón con lúnulas e con triángulos en negro nos seus bordos. A lonxitude das súas ás vai dende os 16 aos 17 mm. A parte inferior distínguese por ter unha cinta de cor púrpura a través das ás posteriores.[4]

En Europa as eirugas aliméntanse de especies de Viola (Viola odorata, Viola hirta, Viola canina, Viola reichenbachiana, Viola tricolor) , e fóra de Europa con plantas como Prunella vulgaris e Rubus idaeus

Distribución[editar | editar a fonte]

Boloria dia voa en Europa, desde o Cáucaso até Mongolia. É común a través do sur de Francia. ou desde o norte de España a Italia, Grecia e Polonia, os Balcáns e Turquía.[4][5][6] Non se atopa en Gran Bretaña.

Subespecies[editar | editar a fonte]

  • Boloria Clossiana dia dia Europa occidental.
  • Boloria Clossiana dia alpina (Elwes, 1899).
  • Boloria Clossiana dia calida (Jachontov, 1911).
  • Boloria Clossiana dia disconota (Krulikovsky, 1909) Europa central parte occidental Siberia.
  • Boloria Clossiana dia semota Tuzov, 2000.
  • Boloria Clossiana dia setania (Fruhstorfer, 1909).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eeles, Peter (2002–2012). "Weaver's Fritillary". UK Butterflies. Consultado o 27 de xullo de 2012. 
  2. (en inglés) http://www.butterfliesoffrance.com/html/Boloria%20dia.htm Boloria dia
  3. (en inglés) http://www.guypadfield.com/violetfritillary.html Boloria dia, imaxes.
  4. 4,0 4,1 Gibbons, Roger (2011). "Weaver's Fritillary". Butterflies of France. Consultado o 27 de xullo de 2012. 
  5. Funet.fi
  6. Fauna Europaea

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]