Boeing B-52 Stratofortress
| B-52 Stratofortress | |
|---|---|
| Boeing B-52 Stratofortress sobrevoando as nubes | |
| Tipo | bombardeiro estratéxico |
| Fabricante | Boeing |
| Primeiro voo | 15 de abril de 1952 |
| Introducido | febreiro de 1955 |
| Principais usuarios | USAF NASA |
| Produción | 1952 - 1962 |
| Construídos | 744 |
O Boeing B-52 Stratofortress é un bombardeiro estratéxico subsónico que voa co exército dos Estados Unidos dende 1955, e é o sucesor do Convair B-36 Peacemaker. Aínda que construído para o rol nuclear da Guerra Fría, as súas capacidades de bombardeo convencional son máis importantes hoxe en día para os obxectivos da USAF, onde o seu gran radio de acción e a súa gran capacidade, de ata 32 toneladas, de carga probaron a súa valía.
A partir da obtención do contrato o 5 de xuño de 1946, o B-52 pasou por varias etapas de deseño; dende o primeiro prototipo de á recta propulsado por seis motores turbohélice ata o prototipo final YB-52, de á en frecha e propulsado por oito turborreactores. O avión realizou o seu primeiro voo o 15 de abril de 1952. Construído para levar armas nucleares en misións de disuasión durante a Guerra Fría, o B-52 Stratofortress substituíu ao Convair B-36. A pesar de ser veterano nun feixe de guerras, o Stratofortress só utilizou munición convencional en combate. O seu nome de Stratofortress rara vez se utiliza fóra dos contextos oficiais; adoita a ser coñecido polo persoal da USAF como BUFF (Big Ugly Fat/Flying Fucker/Fellow).
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]