Black is Beltza (filme)
Black is Beltza | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Black is Beltza |
Director | Fermin Muguruza |
Produtor | Fermin Muguruza Oriol Marcos |
Guión | Fermin Muguruza Harkaitz Cano Eduard Sola |
Intérpretes | Unax Ugalde Isaach De Bankolé Sergi López Iseo María de Medeiros Emma Suárez |
Estudio | Black is Beltza AIE Talka Records&Films Setmagic Elkar |
Estrea | Festival de Donostia: 28 de setembro de 2018 outubro de 2018 |
Duración | 80 minutos |
Orixe | País Vasco |
Xénero | Animación |
Na rede | |
http://www.blackisbeltza.eus/ | |
Black is Beltza é un filme vasco de 2018 dirixido, producido e escrito por Fermin Muguruza. Estreouse no Festival Internacional de Cine de Donostia o 28 de setembro de 2018. Baséase na novela gráfica homónima de Muguruza e Harkaitz Cano. A banda sonora foi creada polo propio Muguruza e Refree.[1]
Sinopse[editar | editar a fonte]
Ambientada no ano 1965, conta a historia de Manex Unanue, membro dunha comparsa de xigantes de Pamplona que é convidada a desfilar na Quinta Avenida de Nova York. Porén, por mor da discriminación, as autoridades locais prohiben a participación dos dous xigantes negros. Abocado a unha longa e inesperada viaxe, Manex será testemuña de acontecementos claves da historia: os disturbios raciais derivados do asasinato de Malcolm X, as excentricidades dos personaxes de The Factory, a alianza entre os servizos secretos cubanos e os Black Panthers, e a psicodelia proto-hippie dos primeiros festivais de música.[2][3]
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Unax Ugalde como Manex Unanue
- Ramon Agirre como Xebero
- Sergio Arau como Juan Rulfo
- Ramón Barea como Ramiro
- Josean Bengoetxea como Juanpe
- Lenval Brown como Jimmy
- Isaach De Bankolé como Wilson Clever
- Maria de Medeiros como Amira
- Jorge Ferrera coomo Eliseo
- Iseo como Amanda Tamayo
- Hamid Krim como Yassim
- Sergi López como Warren Phillips
- Valeria Maldonado como Esperanza
- Angelo Moore como Rudy
- Jorge Perugorría como Sarxento Bravo
- Emma Suárez como Laia
- Guillermo Toledo como Tenente Muñoz
- Ray Fernández como Antonovich komandantea
- Josean Bengoetxea como Pancho Villa
- Marieder Iriart como Iman
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Mondo Sonoro, ed. (18 de setembro de 2018). "Fermin Muguruza y Refree firman la BSO de “Black Is Beltza”". Consultado o 4 de febreiro de 2019.
- ↑ "Black is Beltza: un paseo por los movimientos sociales de los 60" (en castelán). 13 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2019.
- ↑ "Black is Beltza" (en castelán). 4 de outubro de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en éuscaro)
- Black is Beltza na IMDb (en inglés).