Bieiteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bieiteiro

O bieiteiro, bieito, biouteiro, sabugo ou sabugueiro (Sambucus nigra) é unha planta arbustiva, de 2 a 4 metros, da familia das adoxáceas.

Índice

[editar] Descrición

Trátase dun arbusto ou árbore pequena, de pólas fráxiles ó teren unha abundante medula branca esponxosa. As follas son opostas e caducas, imparipinnadas: compostas de 5-7 folíolos de forma lanceolada ou oval e bordo aserrado. As flores son pequenas, pentámeras e de cor branca ou amarelada, formando densos corimbos terminais que agroman a finais da primavera ou no verán. O froito é unha baga pequena, negra ou violácea que madurece a fins de agosto e en setembro.

[editar] Usos medicinais

As flores posúen propiedades diuréticas e emolientes, e os froitos son purgantes. As infusións das flores son boas para gripes e catarros; tamén como laxante suave. En uso externo (lavados, locións ou compresas) aplícase para trata-las dermatoses, feridas, queimaduras e conxuntivite. En Celanova está documentado o seu uso contra a erisipela, e en Lourizán (Pontevedra) contra o xarampón.

Polo cheiro desagradable das follas, úsase como antídoto para expulsar certos animais considerados daniños, coma sapos, cógregas, píntegas etc. (Mariño 1985:131).

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Mariño Ferro, Xosé Ramón: La medicina popular interpretada I. Xerais, Vigo 1985.
  • Rigueiro Rodríguez, Antonio, e outros: Guía de plantas medicinais de Galicia. Galaxia, Vigo 1996.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas