Bernardo Mato Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBernardo Mato Castro
Biografía
Nacemento3 de maio de 1887 Editar o valor em Wikidata
Vinseiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Vinseiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Bernardo Mato Castro, nado en Godoi (Vinseiro, A Estrada) o 3 de maio de 1887 e finado na mesma aldea o 4 de setembro de 1936, foi un mestre galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou no Seminario pero non chegou a ordenarse sacerdote. Fixo maxisterio e marchou a Cuba. Na illa traballou de mestre e levador de libros do Centro Gallego de La Habana. Dirixiu o Instituto Cervantes e despois obtivo praza provisional en Pereira (A Somoza, Guilfrei) e finalmente a praza definitiva en Santa María de Teo en 1928. Foi presidente do Consello Local de Primera Enseñanza de Teo.

Utilizaba avanzados métodos pedagóxicos, creou escola nocturna para adultos, introduciu aparellos que facilitan o uso de materiais escolares como foi un sistema para subir e baixar os mapas, e implantou a aprendizaxe de oficios que deran independencia económica aos nenos ao mesmo tempo que adquirían coñecementos de lingua, literatura, historia etc. Colaborou con moitos periódicos da época.

No golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 os milicianos pasaron pola súa escola, o seu xefe baixou a saudar e falar con Bernardo. Subiron ao seu despacho e alí estiveron dúas horas conversando. Bernardo decidiu refuxiarse na casa dos seus pais en Godoi. Cando ía a través do río, cara Cora cunha barca, foi interceptado polos falanxistas. Golpeado até que quedou inconsciente, un acompañante levouno a unha casa onde foron atendidos e coidados durante uns días até que finalmente o levaron moribundo á casa dos seus pais. Atendido polo médico Manuel Carbón, nada puido facer. Co cranio fracturado, quedou en coma, e logo dun mes, finou o 4 de setembro de 1936 ás 11 da mañá.

Depurado, foi cesado oficialmente como mestre o 23 de abril de 1941.

En 2006 foi homenaxeado na escola de Teo onde dera clases (unitaria de Campos) e creara unha escola nocturna para adultos, propoñendo a aprendizaxe de oficios á par da formación cultural básica.[1]

Querela arxentina contra os crimes do franquismo[editar | editar a fonte]

A súa familia sumouse á Querela arxentina contra os crimes do franquismo.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Avelina Sanmartín Fernández na Estrada o 10 de xaneiro de 1927 e tivo catro fillos: José Bernardo, David, Otilia e Petronila. É o avó de Charo Valcárcel Mato.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernán Vello, Miguel Anxo (27 de maio de 2023). "O mestre Bernardo Mato". El Progreso. 
  2. "A 'querela arxentina' suma a adhesión de cinco familias". Nós Diario. Consultado o 2021-04-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Paz Cabo, Miguel; Santidrián Arias, Víctor M. (2022). Os cadernos escolares da II República. Elaborados polo mestre de Teo Bernardo Mato e realizados polo seu alumno Antonio Rial (1933-1936). Santiago de Compostela: Alvarellos. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]