Berberecho (curtametraxe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Berberecho
Ficha técnica
DirectorXosé Manuel Bazarra "Sepi"
(axudante: Héctor Diéguez)
ProdutorXosé Manuel Bazarra "Sepi"
GuiónXosé Manuel Bazarra "Sepi" e Gaspar Broullón
IntérpretesCarlos Villa, Xosé Manuel Bazarra "Sepi", Ramiro Ledo, Gaspar Broullón, Tomás González Ahola
MúsicaLos Enemigos
MontaxeXosé Manuel Bazarra "Sepi" e Gaspar Broullón
Estrea2001
Duración11 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroComedia

Berberecho é unha curtametraxe de Xosé Manuel Bazarra "Sepi", rodada en maio de 2001 en Santiago de Compostela. Estivo nomeada á mellor curtametraxe nos Premios Mestre Mateo 2002.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Un home inadaptado senta nun bar a reflexionar sobre a vida e sobre os parroquianos do bar, o Berberecho, situado nunhas galerías do ensanche compostelán. Úsase a técnica da voz en off para reflectir os pensamentos do protagonista, que fala da situación social e política do momento, incluíndo os éxitos do Deportivo da Coruña ou o goberno de José María Aznar.

Inclúe os temas "Me sobra carnaval", de Los Enemigos, "Al borde" de Ilegales, "La línea del frente" de Kortatu, "Instinto" de Leño e o tema principal da serie de animación xaponesa Mazinger Z.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]