Berícidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castañeta encarnada (Beryx decadactylus)

Os Berícidos (Berycidae) son unha familia de peixes teleósteos, da orde Bericiformes (Beryciformes). Son exclusivamente mariños e distribúense polos océanos Atlántico, Índico e centro-oeste do Pacífico, normalmente entre os 200 e os 600 m de profundidade.

Índice

Características [editar]

O corpo é de perfil ovoide e comoprimido lateralmente, ollos grandes e circulares, boca grande e oblicua, con numerosos dentes pequenos, dispostos en bandas e tamén presentes no vómer e no padal. No opérculo posúen unha espiña forte e ríxida dirixida cara atrás.

Presentan unha aleta dorsal, provista de 4 a 7 espiñas que aumentan de tamaño progresivamente desde a primeira á última, seguidas de 12 a 20 radios brandos; e unha aleta anal, con 4 espiñas seguidas de 12-17 (ata 29) radios brandos; unha única espiña en cada aleta pelviana. Aletas pectorais grandes. Caudal bifurcada.

Clasificación [editar]

Divídense en dous xéneros con dez especies:

  • Xénero Beryx (Cuvier 1829)
  • Xénero Centroberyx (Gill 1862)

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Berícidos