Benito Leiro Conde
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) Vilanova de Arousa, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Benito Leiro Conde, nado en Vilanova de Arousa en 1957, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Graduado Social na Universidade de Santiago de Compostela. En 1984 gañou un concurso de redacción do concello de Vilanova de Arousa sobre o centenario do nacemento de Julio Camba, e pasou a traballar en El Correo Gallego. En 1990 recibiu o premio nacional de xornalismo Ortega y Gasset canda a Elisa Lois, Xosé A. Pérez e Alfonso Pérez por unha serie de reportaxes sobre o contrabando en Galicia.
Traballou no Xornal Diario de Pontevedra e no Faro de Vigo. Entre 2001 e 2015 foi responsable de Comunicación do Concello de Cambados.
Obras[editar | editar a fonte]
- El Hombre que no quería ser nada, 1986.
- Un lugar tranquilo. Contrabando, droga e corrupción nas rías galegas, 1993.
- A Festa do Albariño. 50 anos na historia de Cambados, 2002.
- Planeta Arousa, 2004.
- El valor de una mujer. Julia Becerra Malvar, 2011 (con Xosé Lois Vila Fariña).
- Julio Camba, un nudista en Vilanova. 2022
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio nacional de xornalismo Ortega y Gasset (1990)
- Premio Julio Camba (1999), polo artigo "Un nudista en Vilanova"
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- «Julio Camba fue el primer nudista de Vilanova, que se sepa», artigo en La Voz de Galicia, 6 de xuño de 2009.
- «El Planeta Arousa de Leiro», artigo en La Voz de Galicia, 18 de decembro de 2004.