Beloniformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agulla (Belone belone)

Os Beloniformes (Beloniformes) son unha orde de peixes con espiñas nas aletas (superorde Acantopterixios ou (Acanthopterygii). Comprenden principalmente especies mariñas pero tamén algunhas de augas salobres ou doces.

Características[editar | editar a fonte]

Adoitan ser peixes de tamaño medio que viven cerca da superficie da auga e que se alimentan de algas, plancto ou pequenos animais, incluídos outros peixes.

As mandíbulas dos beloniformes están especialmente prolongadas, só a inferior (familia Adrianichthyidae) ou as dúas (familias Belonidae ou Scomberesocidae), carácter que se pode presentar só nos individuos adultos, só nos xuvenís ou en ámbalas idades.

O lobo inferior da aleta caudal posúe máis radios principais que o lobo superior.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en dúas subordes e cinco familias:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]