Belónidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Belonidae»)
Agulla (Belone belone)

Os Belónidos ou agullas (Belonidae) son unha familia de peixes teleósteos, pertencentes á orde Beloniformes. Son peixes tanto mariños como de auga doce, distribuídos en augas temperadas e tropicais.

Características[editar | editar a fonte]

Teñen un corpo alargado e estreito, con ámbalas mandíbulas, superior e inferior, prolongadas formando un longo pico dotado de dentes afiados, excepto no xénero Belonion

As aletas dorsal e anal sitúanse opostas e en posición posterior, a dorsal con 11-43 raios e a anal, algo máis curta, con 12-39 raios; as pelvianas, con 6 raios, en posición abdominal e as pectorais son moi curtas; en calquera caso, sen espiñas nas aletas. Aleta caudal fendida, co lobo inferior algo máis longo có superior. A liña lateral percorre todo o corpo ó longo da marxe ventral, desde a súa orixe na aleta pectoral. As escamas son cicloides, pequenas (130-150 na liña lateral) e despréndense con facilidade.

Agullas á venda.

Algunhas especies de auga doce non alcanzan máis de 6–7 cm de lonxitude, mentres que as especies mariñas poden chegar a medir ata 2 m (FishBase).

Viven na superficie da auga, polo que a súa coloración é verde ou azul no lombo e branco prateado nos costados e ventre; é común unha banda percorrendo o lateral, de cor azul escura ou moura. A punta carnosa da mandíbula inferior frecuentemente é vermella ou laranxa.

Son peixes carnívoros que se alimentan de pequenos peces que capturan lateralmente cos seus longos picos. Tenden a dar saltosa sobre a superficie e coñécense casos de persoas feridas cando son alcanzados accidentalmente, sobre todo de noite ó sentirse atraídos polas luces dos barcos.

A pesca representa un notable interese comercial. A carne ten bo sabor, aínda que non sempre son apreciados por cousa da cor verde da espiña.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en 10 xéneros con 34 especies:

  • Xénero Ablennes (Jordan e Fordice, 1887)
  • Xénero Belone (Cuvier, 1816)
  • Xénero Belonion (Collette, 1966)
  • Xénero Petalichthys (Regan, 1904)
  • Xénero Platybelone (Fowler, 1919)
  • Xénero Potamorrhaphis (Günther, 1866)
  • Xénero Pseudotylosurus (Fernández-Yépez, 1948)
  • Xénero Strongylura (van Hasselt, 1824)
  • Xénero Tylosurus (Cocco, 1833)
  • Xénero Xenentodon (Regan, 1911)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]