Beira Interior Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da subrexión da Beira Interior Norte.

A Beira Interior Norte é unha subrexión estatística portuguesa, parte da Rexión Centro e do Distrito da Guarda.

Limita ao norte coa Subrexión de Douro, ao leste con España, ao sur con Beira Interior Sur e con Cova da Beira e ao oeste con Serra da Estrela e con Dão-Lafões.

Ten unha superficie de 4.251 km² e unha poboación de 108.006 habitantes (estimación de 2009[1]).

Comprende 9 concellos:

Destes son cidades Guarda (capital de distrito), Pinhel, Trancoso, Mêda e Sabugal.

Notas[editar | editar a fonte]