Beatriz Quintana Jato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBeatriz Quintana Jato
Biografía
Nacemento18 de maio de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade de Valladolid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilóloga , profesora de ensino secundario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 547481


Beatriz Quintana Jato, nada en Lugo o 18 de maio de 1952, é unha filóloga e profesora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca, e doutorouse en 1997 pola Universidade de Valladolid coa tese D. Pedro Fernández de Pulgar y su obra americanista. Una aportación al estudio de la lengua del siglo XVII, dirixida por Emilio Ridruejo Alonso. Foi profesora de Lingua e Literatura castelá no IES Jorge Manrique de Palencia durante máis de trinta anos, como catedrática desde 1998[1]. Deu clase no cárcere de Dueñas ao alumnado do curso de acceso á universidade como profesora da UNED.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Sinesio Delgado y el Madrid del 98 (1999).
  • Lorca, un siglo después (2000)
  • Victoriano Crémer, poeta del hombre (2004).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]