Thank Your Lucky Stars

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Thank Your Lucky Stars
Álbum de Beach House
Publicado16 de outubro de 2015
Estudio(s)Studio in the Country en Bogalusa, Louisiana
Duración40:51
Xénero(s)dream pop
Selo(s)Sub Pop, Bella Union
Producido porBeach House, Chris Coady
Cronoloxía
Depression Cherry Thank Your Lucky Stars -

Thank Your Lucky Stars é o sexto álbum da banda estadounidense de dream pop Beach House, publicado o 16 de outubro de 2015 a través dos selos Sub Pop e Bella Union. Foi co-producido polo grupo e Chris Coady, e editado menos de dous meses despois que o seu anterior traballo, Depression Cherry. Thank Your Lucky Stars foi anunciado inesperadamente nove días antes do seu lanzamento a través da conta de Twitter da banda.[1]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Victoria Legrand e Alex Scally. 

N.º Título Duración
1. "Majorette"   4:00
2. "She's So Lovely"   4:22
3. "All Your Yeahs"   3:48
4. "One Thing"   5:35
5. "Common Girl"   3:07
6. "The Traveller"   4:03
7. "Elegy to the Void"   6:29
8. "Rough Song"   5:14
9. "Somewhere Tonight"   4:13
40:51

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Spin (ed.). "Beach House Are Already Releasing Another Album, ‘Thank Your Lucky Stars’". Consultado o 24 de novembro de 2015.