Batalla de Vogladum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A batalla de Vogladum ou de Vouillé tivo lugar no ano 507 preto da antiga cidade gala de Vogladum, non lonxe de Poitiers, entre as tropas do rei franco Clovis I e do visigodo Alarico II.

[editar] Historia

Na primavera de 507, o exército franco cruzou o río Loira en dirección a Poitiers, so o comando de Clóvis e do seu fillo máis vello Teodorico. O exército visigodo marcha para norte par lles cortar o camiño coa esperanza de que os Ostrogodos os apoien: a batalla ten lugar na chaira de Vouillé, preto de Poitiers.

Ten inicio unha espantosa loita corpo a corpo, até que o rei visigodo Alarico II é morto por Clóvis. Tal como na batalla de Tolbiac contra os Alamanos, a morte do rei dita a debandada dos Visigodos que acaban masacrados polos Francos.

Esta vitoria abre a Clovis o camiño do sur: conquista Tolosa, antiga capital dos Visigodos, Narbona, a Aquitania, a Gascuña, o Languedoc e o Lemosín.

Supuxo a total expulsión dos visigodos, que pasarían a situarse no centro-sur da Península Ibérica.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas