Batalla de Lorena
| Batalla de Lorena, parte da Batalla das fronteiras | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cabalería francesa pesada parisina. |
|||||||||
|
|||||||||
| Combatentes | |||||||||
A batalla de Lorena foi unha batalla da Primeira Guerra Mundial, producida no contexto da batalla das fronteiras entre o 14 e o 25 de agosto de 1914. Desta vez, a vitoria caeu do lado alemán.
Índice |
Ofensiva francesa [editar]
O 14 de agosto de 1914, os franceses iniciaron un ataque sobre Lorena, territorio perdido trala derrota na guerra franco-prusiana. O obxectivo era emprender un dobre ataque: O I Exército francés atacou Sarrebourg mentres o II Exército avanzaba cara Morhange.
O día 17, o XX Corpo galo de Foch ocupaba Château Salins, preto de Morhange, e un día despois os franceses conquistaban Sarrebourg. O avance francés foi exitoso inicialmente, pero os alemáns estaban preparando un contraataque co VI e VII Exércitos Imperiais.
Contraataque alemán [editar]
Rupprecht logrou deter o avance francés en Lorena, en parte grazas ao uso de ametralladoras e mellor material cós franceses. Non obstante, o xeneral alemán non estaba contento cun rol meramente defensivo e pediulle ao Alto Mando do Imperio Alemán permiso para atacar ao exército inimigo.
O día 20, os alemáns atacaron e ocuparon Morhange e Sarrebourg. Trala reocupación destas vilas, emprenderon un ataque no territorio francés, tentando conquistar Nancy. Desta vez, o XX Corpo de Foch resistiu e permitiu a reconquista de Mulhouse. Sen embargo, o ataque xermano desbaratou o Plan XVII.
O día 24 producíronse varios ataques e contrataques, que duraron ata o final de agosto. A partir de setembro, escaváronse trincheiras e a fronte quedou inamobible ata 1918.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Tuchman, Barbara (1962). The Guns of August. Constable. ISBN 0-333-69880-0.