Batalla de Haelen
| Batalla de Haelen, parte da Batalla das fronteiras | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|||||||||
| Combatentes | |||||||||
A batalla de Haelen foi unha batalla da fronte occidental da Primeira Guerra Mundial. Produciuse o 12 de agosto de 1914 no contexto da batalla das fronteiras e enfrontou a tropas alemanas dirixidas por Georg von der Marwitz e o exército belga, que finalizou cunha vitoria táctica belga.
Índice |
[editar] Contexto da batalla
Haelen foi unha granxa que debían atravesar as tropas xermanas no seu avance cara Francia. A toma permitiría unha boa visión do río Gete. Os alemáns chegaron aquí unha semana despois da invasión de Bélxica. Pola súa banda, os belgas organizaron un ataque para deter o avance alemán a través do seu país. A vitoria belga tamén permitiría unha reorganización da retagarda aliada.
[editar] Batalla
[editar] 11 de agosto
O Alto Mando belga cría que os alemáns avanzarían cara Hasselt e Diest. Para deter ás tropas imperiais xermanas, o xeneral Leon de Witte foi destinado a Haelen, para protexer a ponte sobre o río Gete.
[editar] 12 de agosto
Na mañá do 12 de agosto, o Alto Mando belga descubriu que un importante continxente xermano se dirixía cara as posicións do xeneral Witte e enviou unha brigada de infantería de reforzo.
A batalla iniciouse ás 8 da mañá cando tropas alemanas avanzaron dende Herk-de-Stad e foron atacados polos continxentes belgas. Aproximadamente 200 belgas estableceron unha posición fortificada na cervexería de Haelen. Non obstante, tiveron que abandonar o edificio cando a artillería alemana disparou a este edificio. Ao mesmo tempo, os enxeñeiros belgas derrubaban a ponte sobre o Gete. As cargas non foron suficientes e só cedeu unha parte da estrutura. Isto permitiulle aos alemáns cruzar a ponte e enviar uns 1.000 homes ao centro de Haelen. Os oficiais do exército imperial confiaban nunha fácil vitoria e correron moitos riscos. As defensas belgas estaban ben situadas e causaron un elevado número de baixas nas tropas inimigas, provocando a retirada das mesmas cara o leste de Haelen.
[editar] Consecuencias
Para os belgas foi unha clara vitoria, pero de pouca repercusión, xa que non evitou a caída de Bélxica en mans dos alemáns. Para estes, foi un revés destacado, xa que as baixas foron moito maiores do pensado.