Batallón Henri Vuillemin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Batallón Henri Vuillemin ou Batallón Vuillemin foi unha unidade das Brigadas Internacionais durante a Guerra civil española integrado por franceses e belgas principalmente. O nome alude ao revolucionario francés Henri Vuillemin.

Creado o 12 de decembro de 1936, absorbeu máis tarde a membros superviventes do batallón Louise Michel. Primeiro foi parte da XIII Brigada Internacional e o 5 de agosto de 1937 foi transferido á XIV. O 23 de abril de 1938 foi disolto de maneira definitiva.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]