Basket Club Ferrara
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Basket Club Ferrara | |
| Liga | Liga de baloncesto de Italia |
| Fundado en | 1999 |
| Historia | 1999-presente |
| Pavillón | PalaSegest (3178 espectadores) |
| Cidade | Ferrara, Italia |
| Cores | Negro, Branco |
| Presidente | |
| Adestrador | |
| Títulos | |
| Web | |
O Basket Club Ferrara, denominado tamén por motivos de patrocinio Carife Ferrara é un club de baloncesto italiano con sede na cidade italiana de Ferrara, na rexión de Emilia Romaña, fundado en 1999. Compite na Serie A da Liga Italiana.
Historia [editar]
O club, fundado en 1999, comeza a súa andaina nas categorías inferiores do baloncesto italiano, acadando o ascenso á LigADue na súa terceira tempada de existencia. Tras clasificarse en dúas ocasións para os play-offs de ascenso en 2004 e 2006, finalmente conseguíu chegar á máxima categoría en 2008.