Basilio Río Brenlla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBasilio Río Brenlla
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1913 Editar o valor em Wikidata
San Salvador de Padreiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de outubro de 1994 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Xerusalén, Israel Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmisioneiro , organista Editar o valor em Wikidata

Frei Basilio Río Brenlla, coñecido como "O padre Basilio", nado en San Salvador de Padreiro (Santa Comba) o 5 de outubro de 1913 e finado en Xerusalén o 17 de outubro de 1994, foi un misioneiro, teólogo, organista e procurador xeral de Terra Santa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1927 e 1930 cursou os estudos humanísticos no seminario franciscano de Herbón (Padrón) e vestiu o hábito da orde de San Francisco o 30 de xullo de 1930. Despois de estudar teoloxía en Santiago de Compostela, ordenouse sacerdote o 6 de xuño de 1941. Durante nove anos desempeñou o oficio de organista e dedicouse á ensinanza desta materia. Compaxinou este labor co de administrador dos centros franciscanos de Ponteareas e Herbón, así como o traballo apostólico coa xuventude Antoniana da vila de Ponteareas.[1]

O 6 de novembro de 1950 incorpórase á Misión de Terra Santa. Alí, primeiro durante oito meses presta servizo no Santo Sepulcro, e logo é destinado á Procura Xeral de Terra Santa, no convento de San Salvador, onde permanece por espazo de 30 anos, co que acada o grao de procurador xeral (1968-1981) e convértese no derradeiro dos procuradores xerais en Terra Santa. En 1973, Río Brenlla recibe o recoñecemento da Encomenda da Orde de Isabel a Católica no madrileño palacio de Santa Cruz, de mans do subsecretario de Asuntos Exteriores, Gabriel Fernández.[2]

Ao mesmo tempo entre 1951 e 1962 foi corista custodial e sempre traballou en Palestina nas obras de beneficencia, especialmente como membro do comité da parroquia latina de Xerusalén. Rematado o seu período como procurador en Terra Santa foi superior no Santo Sepulcro (1981-1983), en Betania (1983-1990) e en Caná de Galilea (1990-1993).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Personaxes de Santa Comba". Santa Comba. 
  2. "Basilio Río Brenlla el último procurador general de Tierra Santa - Adiante Galicia" (en castelán). 2018-01-10. Consultado o 2024-03-27. 
  3. "Lembrando a Basilio Río". anosacosta.es. Consultado o 27/03/2024.