Bandar Seri Begawan
Coordenadas: 4°55′N 114°55′E / 4.917°N 114.917°E
| Bandar Seri Begawan | |
|---|---|
| [[Ficheiro:|140px|]] | |
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Subrexión: | |
| Distrito: | Brunei-Muara |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 100´36 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 27.285 hab. (2002) |
| Densidade de poboación: | hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | |
| Sitio na web: | www.municipal-bsb.gov.bn/ |
Bandar Seri Begawan, é a capital de Brunei, ten 140.000 habitantes (2010) e localízase no Mar da China Continental Antigamente coñecida como Brunei Town cambiou o seu nome o 3 de outubro de 1970. Bandar Seri Begawan está situado nas coordenadas xeográficas 4°55′N 114°55′E / 4.917°N 114.917°E.
Entre os seus edificios destacan o Palacio Real do Sultán, un dos máis grandes do mundo, e a Mesquita do Sultán Omar Alí Saifuddien, o Royal Cerimonial Hall, o Royal Regalia Building, e o Brunei History Center. A mesquita de Omar Alí Saifuddin, construída en 1958, destaca pola súa enorme cúpula dourada e un luxoso interior de mármore italiano.
A primeira parte do nome da cidade, Bandar provén do persa بندر e significa "porto" ou "refuxio". A segunda parte do nome, Seri Begawan ten orixe nas palabras Sri e Bhagwan do sánscrito, que significa a bendita.
A historia da capital de Brunei remóntase ó século VI. Inicialmente era unha aldea da auga (Kampong Ayer), preto da actual localización de Kampong Kota Batu e o edificio nacional do museo. Dende entón, o crecemento e o desenvolvemento da capital ligou varias poboacións en Sungai Brunei que proporcionou unha base cidadá que potenciou diversas actividades económicas, especialmente as relacionadas co mar.