Baldur's Gate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Baldur's Gate é un videoxogo ambientado no universo de fantasía Reinos Esquecidos de TSR e baseado en Advanced Dungeons & Dragons, clásico nos xogos de rol. Foi desenvolvido pola empresa BioWare.

Baldur's Gate caracterízanse pola amplitude da súa historia e a cantidade de aventuras secundarias presentes. O xogador crea un personaxe ao que se lle unen outros que o xogador controla igualmente, ata completar un equipo de seis aventureiros. As regras axústanse a unha edición lixeiramente modificada das regras da segunda edición de AD&D, e permiten o uso de todas as razas e clases dispoñibles, así como un centenar de feitizos máxicos.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

O xogador métese no papel dun orfo criado no pobo de Candeleiro (Candelkeep) xunto coa súa amiga Imoen polo sabio meigo Gorion. Cousas estrañas empezan a ocorrer na rexión, coñecida como Costa da Espada (Sword Coast): detense a produción de ferro, as mercancías xa manufacturadas desfanse, e aínda dentro dos muros de Candeleiro hai mercenarios á caza do xogador. Gorion ordena recoller algún equipamento básico e marcharse a un lugar seguro, pero na metade da viaxe o xogador e o vello meigo son emboscados. A loita termina coa morte de Gorion e empeza o xogo. Coñecer xente coa que se interactúa axudará o xogador a seguir adiante. Tendo máis compañeiros, debe descubrir o segredo da escaseza de ferro.

Requisitos do Sistema[editar | editar a fonte]

Saga[editar | editar a fonte]

A saga de Baldur's Gate componse do propio Baldur's Gate, a súa expansión Baldur's Gate:Tales of the Sword Coast, a súa segunda parte Baldur's Gate 2 e a súa expansión Baldur's Gate 2:Throne of Bhaal.

Premios[editar | editar a fonte]

En 1999 Baldur's Gate gañou o Premio Origins por Mellor Xogo de Rol de Ordenador de 1998, e en 2000 Baldur's Gate: Tales of the Sword Coast gañou o premio de 1999.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]