Balanceo de carga
| Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O balanceo de carga é a técnica de distribuír equitativamente o peso do cómputo entre varios dispositivos. O obxectivo é conseguir que tódolos elementos que levan a cabo a mesma tarefa, estean igualmente cargados co fin de aumentar a potencia de cálculo, a dispoñibilidade e a calidade do servizo. Un sistema de balanceo de carga non implica necesariamente unha tolerancia a erros. O elemento que falle perderá os seus procesos e deberán crearse de novo no resto de servidores que soporten o balanceo.
Tódolos elementos dunha rede fortemente empregados admiten dalgún xeito que a súa carga sexa balanceada con outros dispositivos semellantes. Entre os elementos dunha rede máis susceptibles de ser balanceados atópanse servidores, servizos web, liñas de comunicacións e routers / switches / firewalls.
Balanceo de carga entre servidores. [editar]
Grupo de servidores físicos, no que cada nodo ten a súa propia dirección IP. O servizo que se desexa balancear ten asignada unha dirección IP virtual. Un dos servidores do balanceo actúa como Master e encárgase de atender as peticións á IP virtual e seleccionar o servidor menos cargado para atender a petición. As formas de selección do servidor menos cargado inclúen carga de CPU, número de conexións que atende, selección alternativa, etc.
Para garantir que o usuario verá os sus datos independentemente do servidor que lle atenda, existen mecanismos de afinidade que asignan o mesmo servidor ao mesmo usuario entre diferentes conexións.
Balanceo de carga entre devasas. [editar]
Utilízanse para dar continuidade ao servizo de acceso a Internet da compañía. A táboa de conexións é compartida entre tódalas devasas que atenden exclusivamente ás conexións.
Balanceo de carga entre liñas de comunicacións. [editar]
Esta técnica consiste en agrupar varias liñas de comunicacións, coma por exemplo ADSL, para conseguir unha única liña de maior capacidade. Tódalas liñas poden utilizarse ao mesmo tempo, a carga é compartida e as conexións dende o exterior son balanceadas polo dispositivo de balanceo de carga.