Bacoi, Alfoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bacoi
Igrexa de Santa María de Bacoi
ConcelloAlfoz[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°22′00″N 7°23′00″O / 43.36666667, -7.38333333Coordenadas: 43°22′00″N 7°23′00″O / 43.36666667, -7.38333333
Área3,44 km²
Poboación174 hab. (2019)
Densidade50,58 hab./km²
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Bacoi é unha parroquia do concello de Alfoz. Segundo o IGE en 2010 tiña 215 habitantes (114 homes e 101 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, cunha densidade media de 62,5 hab./km².

A parroquia ten unha superficie de 3,44 km², e limita coas parroquias de Carballido e O Castro de Ouro, ademais dos concellos de Foz e O Valadouro. Pertencente o arciprestado do Valadouro.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Da aldea da Igrexa é o monumento máis rechamante desta parroquia; a igrexa parroquial de Santa María de Bacoi. O templo construíuse na primeira metade do século XVIII, ten unha planta de cruz latina, cruceiro con cúpula hexagonal sobre pendentes e sancristía detrás da cabeceira. Nas pendentes hai pinturas cos catro evanxelistas e na cúpula represéntase a Asunción da Virxe, todo do século XIX. A fachada é de cantería granítica, cun arco adintelado sobre a porta e espadana de dous corpos. No interior consérvanse retablos con esculturas.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Bacoi[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Bacoi no concello de Alfoz (Lugo)

Canaledo | O Castrillón | Cima de Vila | A Costiña | Esmoriz | A Faia | O Gorvidal | A Igrexa | As Leas | A Milicroca | O Piñeiro | Rolle | Santo Antonio | O Vilar

Parroquias de Alfoz[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Alfoz

Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castro de Ouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | San Pedro de Mor (San Pedro) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]