Bacan
| Bacan | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Labuha |
| País | Indonesia |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Molucas |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 13.000 hab. |
| Superficie | 1.898 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 0°37′S 127°31′E / 0.617°S 127.517°E |
| Maior Altura | 2.111 m. Monte Labuha |
| Localización | |
Bacan (pronunciado "bachán") é unha illa da provincia indonesia das Molucas do Norte, situada a 0°13'- 0°55' S. e 127°22'- 128° E. Está separada da península sudoeste de Halmahera polo estreito de Patinti. Ó norte sitúanse as illas de Kayoa, Makian, Ternate e Tidore.
Ten cerca de 1.900 km² de superficie e 13.000 habitantes. A principal cidade de Bacan é Labuha, na parte occidental. O sur da illa é montañoso e o punto máis elevado ten 2.111 m de altitude. A súa forma é moi irregular, a semellanza de outras illas próximas.
Bacan forma, en conxunto cas illas de Kasiruta ao noroeste, Mandioli ao oeste, e outras 80, o arquipélago de Bacan.
O interior de Bacan está pouco poboado. Os habitantes do litoral son indíxenas. Os Sirani (de nasrani, "cristiá" en lingua malaia, din ser descendentes de portugueses), malaios, papúas e inmigrantes de outras illas.
A illa ten un gran interese para a zooloxía debido á grande biodiversidade.
Historia [editar]
Bacan foi un sultanato. O interese dos europeos por Bacan era debido á súa posición estratéxica, que permitía o control do comercio de especias que florecía en Ternate, Tidore e Halmahera. A illa en si non dispón de moitos recursos naturais interesantes.
En 1558, os portugueses construíron un forte. En 1609, a VOC (Compañía Holandesa das Indias Orientais) tomouno.
En 1882, os neerlandeses comezaron a explorar a illa, sen éxito, debido á pobreza do solo e da falta de man de obra.
En 1889, foi substituída a monarquía por un consello de xefes tradicionais.
O Sultán de Bacán perdeu moito do seu poder coa chegada dos colonizadores europeos, e a que mantivo perdeuse coa independencia de Indonesia logo da Segunda Guerra Mundial.