Babel Fish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


O Babel Fish é un servizo de traducións automáticas ofrecido polos motores de procura Altavista e Yahoo!. O seu nome está inspirado no Peixe Babel. Pode traducir calquera texto ou sitio a outras linguas. É un dos tradutores en liña da Internet máis utilizados e seu uso é gratuíto e está dispoñible nas linguas máis utilizadas. O seu rival máis directo é o tradutor de Google, chamado Google Translate. Así como Google Translate, o Babel Fish pode traducir páxinas web en tempo real conforme o usuario vai navegando. Actualmente, o Babel Fish, é xestionado baixo a plataforma de Yahoo, porque o servizo foi absorbido despois da compra por parte deste último á empresa Overture Services Inc propietaria do sitio Altavista, que fora o creador do tradutor e cuxa plataforma baixo a que funcionaba ata 2006. Como ocorre con todos os tradutores automáticos non sempre se consegue unha boa tradución con este sistema. A tecnoloxía detrás de Babelfish foi desenvolvida pola Systran, que tamén creou un paquete de software comercial co mesmo nome.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas