Peixe de Babel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O peixe de Babel é unha especie ficticia aparecida na Guía do autostopista galáctico, creada por Douglas Adams.

Características[editar | editar a fonte]

É unha especie de peixe amarelado, que entra en simbiose cun individuo, ao ser introducido no oído deste. Aliméntase das ondas cerebrais das persoas que rodean ao seu hóspede, e excreta cara ao seu portador unha matriz telepática formada pola combinación de frecuencias conscientes do pensamento con sinais nerviosos tomados dos centros lingüísticos do cerebro do que os creou. É dicir, traduce todo o que digan ao redor dunha persoa á linguaxe desta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]