Baía de Nushagak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 58°37′20″N 158°35′28″O / 58.62222, -158.59111

Vista aérea de Dillingham

A baía de Nushagak (en inglés: Nushagak Bay) é unha pequena baía localizada na parte norte da gran baía de Bristol, en Alasca (Estados Unidos).[1]

É un grande estuario que abarca máis de 100 km2 na parte suroeste do estado de Alasca.

Ábrese á baía de Bristol, unha gran masa de auga no leste do mar de Bering ao norte da península de Alasca.

A baía discorre principalmente de norte a sur desde a desembocadura do río Nushagak até a baía de Bristol a uns 48 km cara ao sur.

Nela desembocan os ríos Nushagak, Wood e Snake.

Forma parte da rede hemisférica de reservas para aves como sitio de categoría rexional.[1]

Nas súas proximidades sitúase a cidade máis grande da rexión, Dillingham (2 466 habitantes en 2000), famosa pola pesca do salmón.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]