Baía de Guanabara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entrada da Baía de Guanabara, co Pão de Açúcar en destaque.

A baía de Guanabara é unha baía do Océano Atlántico localizada na costa brasileira, con 412 km² de superficie. Considerada a máis importante do país, no seu interior atópase o porto da cidade de Rio de Janeiro. Non é a máis grande do país, pero a segunda máis grande, despois da Baía de Todos Os Santos, no estado de Bahia.

A baía orixinouse por unha depresión tectónica ocorrida durante o cenozoico entre dous conxuntos de bloques de falla da serra dos Órgãos e pequenos macizos costeiros.

A súa área é de aproximadamente 412 km² e esténdese entre as puntas de Copacabana e Itaipu, en Niterói. A súa costa sofre un estreitamento entre a punta de São João en Rio de Janeiro e a punta de Fortaleza en Niterói, cunha largura de 1,6 km.

No medio desta estreita pasaxe atópase unha zona rochosa que foi utilizada durante moitos anos como forte auxiliar para a defensa da baía.

A súa profundidade media é duns 3 m, alcanzando os 8,3 m á altura da Ponte Río-Niterói e de 17 m na canle de entrada ao porto. No seu interior hai un total de 130 illas e illotas. A máis grande destas illas é a Ilha do Governador (Illa do Gobernador), onde foi construído o aeroporto internacional da cidade de Río de Xaneiro, chamado Aeroporto Internacional Tom Jobim e tamén Aeroporto Internacional do Galeão.

Foi encontrada pola primeira vez polos portugueses Gaspar de Lemos e Gonçalo Coelho no día 1 de xaneiro de 1502[1]. Según alguns historiadores[2] o nome dado polo equipo de exploradores à rexión foi Ría (co mesmo significado en galego) de Janeiro, que co tempo mudouse para Río de Xaneiro e pasou a designar a rexión. Despois a baía recebeu o nome de Guanabara, modificación das palavras en lingua tupí goanã (baía) e pará o mbará (mar).

A baía de Guanabara é a máis contaminada de Brasil, sendo o binomio urbanización/industrialización o principal causador desta polución, agravada pola falta ata o ano 1990 dunha política de saneamento e recuperación ambiental.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jorge Couto, 1995, A Construção do Brasil, Lisboa: Cosmos
  2. Vasco Mariz, 2006, "Os Fundadores do Rio de Janeiro: Vespucci, Villegagnon ou Estácio de Sá?", in Brasil-França. Relações históricas no período colonial, Rio de Janeiro: Biblioteca do Exército, p. 80.