Avelino Silva Güimil
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Meis, España |
Morte | febreiro de 1957 Covas, España |
Alcalde de Pontevedra | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Avelino Silva Güimil, nado en Meis e finado en Covas (Meaño) en febreiro de 1957,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Veciño de Pontevedra, foi elixido concelleiro en 1920 e nomeado primeiro tenente de alcalde en maio dese ano. Foi alcalde de Pontevedra dende fins de 1920 ata 1921. Militante do Partido Republicano e membro de Centro Republicano de Pontevedra, participou no pacto de Lestrobe representando ao Partido Republicano Federal. En 1931 participou na fundación do Partido Radical do que foi o primeiro presidente en Pontevedra. En 1934 solicitou a alta en Unión Republicana.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi procesado por masón a pesar de negar esta pertenza.
Predecesor: Marcelino Candendo Paz |
Alcalde de Pontevedra 1920 - 1921 |
Sucesor: Marcelino Candendo Paz |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Teresa Serén.