Avelino López López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 Santiso, España |
Morte | 24 de agosto de 1988 (80/81 anos) Serantes, España |
Alcalde de Santiso | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Avelino López López, nado en Bran (Niñodaguia, Santiso) cara a 1907 e finado en Serantes o 24 de agosto de 1988, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Foi nomeado mestre interino de Melide en agosto de 1936.[1] Trasladouse á escola de Sésamo (Culleredo) en 1943.[2] Despois foi mestre de Eidián (Agolada) ata que foi trasladado á Ponte Arcediago en 1952.[3] En 1952 foi nomeado alcalde de Santiso. Continuou no cargo ata as primeiras eleccións democráticas. Finou en Serantes o 24 de agosto de 1988.[4]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en 1935 con María Rocío Mejuto Varela, filla de Ramón Mejuto Méndez,[5] e foi pai de Ramón, José Luis, Gonzalo, Antonio, Manuel e Miguel López Mejuto.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Unha rúa de Bran leva o seu nome.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- López Silva, Inma (2022). Quen non ten un avó fascista?. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-941-6.
Predecesor: José Montero Salgado |
Alcalde de Santiso 1952 - 1979 |
Sucesor: Ramón Villar Edreira |