Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entrada á Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é o organismo responsábel do porto de Marín. Ten a súa sede no parque Cantodarea de Marín desde 2010.[1] Antes de ter a denominación actual foi coñecida como Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra ata 1992 e tivo desde 1933 a súa sede na avenida pontevedresa das Corvaceiras, no porto de Pontevedra, no edificio do Gremio de Mareantes.

É unha das 28 Autoridades Portuarias que compoñen o Organismo Público Estatal: Puertos del Estado. A maioría das infraestruturas portuarias dedícanse ao transporte marítimo e pesca. Á parte do dominio público hai tamén unha parte dedicada aos estaleiros.

Presidencia[editar | editar a fonte]

A presidencia da Autoridade Portuaria de Marín-Ría de Pontevedra é designada pola Xunta de Galicia. O seu actual presidente, desde 2009, é José Benito Suárez Costa.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]