Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogadores de equipos galegos no Campionato Ibérico de 2014.

O Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico é a competición rexional de fútbol gaélico que agrupa os equipos da Península Ibérica. Dende 2006 é considerado polo Comité Europeo de Deportes Gaélicos un campionato rexional que puntúa para o campionato europeo e unha das súas roldas coincide cunha rolda de dito campionato.

Equipos[editar | editar a fonte]

Ártabros de Oleiros vs. Madrid Harps, 2015.

En Galicia: Fillos de Breogán (A Coruña), Ártabros de Oleiros, Irmandinhos A Estrada, Bráithreachas (A Estrada), Mecos FG Ogrobe, Pontevedra FG, Estrela Vermelha FG de (Santiago de Compostela), Keltoi GAC (Vigo), Auriense FG (Ourense) e Dorna FG (A Illa de Arousa). No resto de España: Barcelona Gaels, Madrid Harps, Madrid O'Donnells, Sant Vicent GAA (Valencia), Costa Gaels (Marbella), Eire Og (Sevilla), Granada Gaels, Sitges Eagles e Tres Cantos.

No resto da península: Xibraltar.

Os clubs adoitan estar formados por xogadores irlandeses e unha nutrida representación de xogadores locais, que oscila sobre a metade do cadro de xogadores (exceptuando os equipos galegos, compostos case na súa totalidade por xogadores locais).

O actual campión (2019) do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico masculino é o Madrid Harps, e na competición feminina o Filhas de Breogán, da Coruña.

Palmarés masculino[editar | editar a fonte]

9 Madrid Harps: 2005, 2008, 2010, 2012, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018

3 Barcelona Gaels: 2007, 2009, 2013

1 Marbella-Costa del Sol GAA: 2011

1 Sant Vicent Valencia GAA: 2006

Ano Gañador
2005 Madrid Harps
2006 Marbella-Costa del Sol GAA
2007 Barcelona Gaels
2008 Madrid Harps
2009 Barcelona Gaels
2010 Madrid Harps
2011 Sant Vicent Valencia GAA
2012 Madrid Harps
2013 Barcelona Gaels
2014 Madrid Harps
2015 Madrid Harps[1]
2016 Madrid Harps[2]
2017 Madrid Harps
2018 Madrid Harps
2019 Madrid Harps
2022 (Valencia)

Palmarés feminino[editar | editar a fonte]

6 Madrid Harpettes: 2009, 2010, 2011, 2012, 2014 2015

3 A Coruña Fillas de Breogán: 2016, 2017, 2018

2 Barcelona Gaelettes: 2008, 2013

Ano Gañador
2008 Barcelona Gaelettes
2009 Madrid Harpettes
2010 Madrid Harpettes
2011 Madrid Harpettes
2012 Madrid Harpettes
2013 Barcelona Gaelettes
2014 Madrid Harpettes
2015 Madrid Harpettes[1]
2016 A Coruña Fillas de Breogán[2]
2017 A Coruña Fillas de Breogán
2018 A Coruña Fillas de Breogán
2019
2022 (Valencia)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Madrid Harps revalida el campeonato Ibérico de Fútbol Gaélico". Furia Roja. 2015. 
  2. 2,0 2,1 "Fillas de Breogán fai historia". Galicia Confidencial. 5 de xuño de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]