Aurelio Salgueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAurelio Salgueiro
Biografía
Nacemento1936 Editar o valor em Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de agosto de 1978 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Mondragón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngarda civil Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Aurelio Salgueiro López, nado en Monforte de Lemos en 1936 e finado en Mondragón (Guipúscoa) o 28 de agosto de 1978, foi un garda civil galego, asasinado por membros dos Comandos Autónomos Anticapitalistas, unha escisión de ETA de carácter anarquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro da Garda Civil co grao de cabo primeiro, en 1970 foi destinado ao cuartel de Mondragón. Entre os seus traballos estaba o de ir recoller o correo para o cuartel, e un día facendo isto, foi asasinado por disparos de pistola, unha Browning GP-35, feitos por dous homes, que despois fuxiron nun automóbil conducido por outro. Faleceu no sitio, e foi soterrado en Monforte.

A arma foille uns meses máis tarde incautada a un home, José María Iturrioz, á súa vez morto por disparos, neste caso da Garda Civil, e logo de participar nun ataque ao cuartel de Aretxabaleta.