Aurelio Fierro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aurelio Fierro, nado en Montella o 13 de setembro de 1923 e finado en Napoli o 11 de marzo de 2005, foi un cantante e actor italiano.
Traxectoria [editar]
Aurelio Fierro fixo carreira principalmente en Italia, España e América do Sur. Sendo coñecido pola composición da música para o célebre tema Bambino, retomado despois por Dalida.
Trátase dun dos máximos expoñentes da coñecida como canzone napoletana.